|
Recoméndaselle esta materia a aquel estudantado que non teña contacto coa tradución para dobraxe e subtitulado, xa que os contidos impartidos son imprescindibles para cursar as materias de audiodescripción, subtitulado para xordos e lectura fácil e producións accesibles. Dado que esta materia parte dun nivel inicial, non se lle recomenda a aquel estudantado que teña coñecementos previos destas dúas modalidades.
Na avaliación terase en conta non só a pertinencia e calidade do contido das respostas, senón tamén a súa corrección lingüística. Nas probas prácticas os erros ortográficos e gramaticais penalizaranse con 2 puntos.
É responsabilidade do estudantado consultar os materiais dispoñibles na plataforma (novidades, documentos, cualificacións) e estar ao tanto dos avisos e das datas de realización das diferentes probas.
En calquera das convocatorias e probas, o estudantado ten dereito, se o solicita, a un xustificante documental que acredite terse presentado á proba ou ao exame. Aquela persoa que por enfermidade, lesión ou calquera outro impedimento temporal, fehacientemente demostrado, non poida efectuar un exame ou unha proba parcial, terá dereito a ser examinada noutra data. |