Existen dous sistemas de avaliación (continua e única). As metodoloxías descritas no apartado «Avaliación» aplícanse a ambos os sistemas. Esixencias do sistema de avaliación continua: - Deixar constancia por escrito a través de MooVi da vontade de acollerse á modalidade de avaliación continua no primeiro mes do curso. Para
superar a materia é necesario aprobar as tres partes (teoría, práctica de
dobraxe e práctica de subtitulado). SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS (XULLO):
O estudantado que non alcance a nota mínima na
primeira edición de actas presentarase na segunda ás partes non superadas
na data indicada. As partes aprobadas gardaranse unicamente ata a convocatoria de xullo.
Todas as probas realizaranse na lingua meta da combinación da materia.
Con respecto á avaliación de traballos e
proxectos, de se detectar que estes (ou algunha das súas partes) son plaxios, a
cualificación será de 0.
É responsabilidade do estudantado consultar os
materiais e as novidades a través da plataforma de teledocencia MooVi, así como estar
ao tanto das datas nas que as probas de avaliación teñen lugar.
|