Guia docente 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Máster Universitario en Tradución Multimedia
 Materias
  Doblaxe
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas de forma autónoma O alumnado terá que resolver problemas de dobraxe; avaliarase a súa intervención nos foros (calidade e cantidade) (10%) e a súa entrega individual dunha batería de problemas de tradución para dobraxe (10%). 20
Estudo de casos Proba na que o estudante terá que traballar sobre estudos de caso semellantes aos propostos durante a docencia da materia. 40 B1
B4
B11
C3
C5
C52
Traballo Traballo nivel inicial: tradución borrador xustificada.
Traballo nivel avanzado: análise crítica dunha tradución para dobraxe ou tradución preaxustada xustificada.
40 B1
B4
B7
B11
B12
C3
C5
C49
C50
C51
C52
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

** PODERANSE DESCONTAR ATA 2 PUNTOS POR FALTA DE ORTOGRAFÍA EN CALQUERA DAS PROBAS DE AVALIACIÓN ESPECIFICADAS ARRIBA

------------------------

CRONOGRAMA DA MATERIA (orientativo; pode sufrir pequenas modificacións por temas de calendario e axuste da visita ao estudio de dobraxe)

- Xornada de presentación da materia (PRESENCIAL e a través de UVigo-TV/Campus Remoto): obxectivos, temporalización, avaliación

- Semanas 1/2: lecturas e participación do alumnado no foro de lecturas (1ª tarefa avaliable) (Coord.: Lourdes Lorenzo)

- Semanas 3/4: linguaxe cinematográfica (Prof. Hugo Fernández) e participación do alumnado no foro correspondente

- Semana 5/6: exercicios e estudos de caso en foro (dobraxe1/2: nivel inicial; dobraxe 4/5: nivel avanzado) (2ª tarefa avaliable) (Coord.: Lourdes Lorenzo)

- Semana 7 (PRESENCIAL): visita a empresa de dobraxe de Galicia

- Semanas 8/9: exercicios e estudos de caso de entrega individual (dobraxe 3: nivel inicial; dobraxe 6: nivel avanzado) (3ª tarefa avaliable) (Coord.: Lourdes Lorenzo)

- Semana 10: axuste (Prof. María José García Chao) e participación do alumnado no foro correspondente

- Semana 11: elección e preparación do traballo de curso, que será a 4ª tarefa avaliable (tutela continuada por parte da coordinadora)

- Semana 12: repaso e dúbidas da materia, con vistas ao exame final (5ª tarefa avaliable)

-------------------------------------------------------------

Segunda edición de actas (xullo) e posteriores convocatorias:

O alumno poderá optar por UN dos dous sistemas de avaliación contemplados na primeira edición de actas, que recibirán un 100% da cualificación:

(a) Traballo tutelado: pode ser o mesmo suspenso previamente reformulado ou un novo
(b) Exame teórico-práctico: (2ª edición de actas) colgarase en Moovi nunha data acordada previamente co alumnado.

EN TODO CASO O ALUMNO HA DE COMUNICAR CON PRUDENTE ANTELACIÓN QUE SISTEMA DE AVALIACIÓN SEGUIRÁ.

 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000