En “Memoria, Mestizaxe e Migración” consideramos a tradución/paratradución como “un centro epistemolóxico e un espazo heurístico”, é dicir, consideramos a tradución/paratradución como unha disciplina que ten capacidade de seu para describir, analizar, buscar a orixe e achegar un método non só do proceso translativo meramente lingüístico, senón tamén do feito do intercambio cultural. É espazo heurístico porque serve para a descuberta e para progresar no coñecemento humano no eido das ciencias sociais.