Guia docente 2010_11
Facultade de Filoloxía e Tradución
Máster Universitario en Tradución & Paratradución
 Materias
  Memoria, Mestizaxe e Migración
   Contidos
Tema Subtema
1.Reflexión sobre o status epistemolóxico da tradución e da interpretación 1.1.Análise sobre a influencia do positivismo e o progreso técnico no concepto de tradución
2.Pescuda na historia das ideas e na Filosofía sobre o/s concepto/s de tradución e interpretación. 2.1.Análise dos fundamentos teóricos fornecidos polas “Teses sobre o concepto de Historia” ou as “Teses sobre a Filosofía da Hisoria” de Walter Benjamin. Exploración do dictum “non existe ningún documento de cultura que non o sexa tamén de barbarie”.
3.Estudo da historia cultural que precede aos totalitarismos do século XX 3.1. Como incide o Holocausto na transmisión cultural? Xuízo crítico sobre a noción de historia da cultura/historia da tradución como construción ideolóxica.
4.Comparación de testemuños das vítimas da historia desde os orixinais coas súas diferentes traducións (coa combinación lingüística que cada alumno/a posúa) 4.1.A partir dunha obra orixinal e significativa da Literatura do Holocausto realizarase unha descrición dos textos e paratextos das versións traducidas.

5. Mestizaxe, relación co outro e coa diferencia : cuestionamento e superación do concepto de tradución como operación (inter)lingüística ou puramente verbal. 5.1. Visión da tradución como un fenómeno holístico para chegar ao concepto de Paratradución.
6. Aplicación do concepto de Paratradución ao estudo de casos 6.1. Análise dos fenómenos paratradutivos (epitradutivos e peritradutivos) presentes na transmisión e/ou mediación de textos de Memoria do Totalitarismo : comportamentos tradutores das sociedades receptoras unha vez lidas e interpretadas as marxes da tradución.
7. Responsabilidade e visibilidade do tradutor/a. 7.1. As notas do/da T.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000