Guia docente 2010_11
Facultade de Filoloxía e Tradución
Máster Universitario en Tradución & Paratradución
 Materias
  Memoria, Mestizaxe e Migración
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Avaliación inicial con este cuestionario:
1. Que axentes distinguides na produción dun texto literario traducido en formato libro ademais da persoa que realiza a operación interlingüística?

2. Quen diriades que decide a ilustración dunha cuberta?

3. Buscade exemplos de títulos de libros en que orixinal e tradución non teñan nada que ver. En caso de poderdes, enviade o escaneo da cuberta dun orixinal e o da súa tradución.

4. De que peritexto é responsable o tradutor?

5. Credes na existencia dun acto de tradución radicalmente obxectivo? Formulado doutra maneira, credes que as normas e crenzas do tradutor son completamente alleas ao seu obxecto de traballo?

6. Como actuariades vós se tivésedes que traducir algo que vai resultar ofensivo para o lector da sociedade receptora?
Sesión maxistral Teses “ Sobre o concepto de historia ” de Walter Benjamin

Estas teses son o noso punto de partida metódoloxico para o camiño de (auto) reflexión sobre a actividade do traducir e constitúen os prolegómenos do que ha ser a nosa “Teoría da Paratradución”

Na primeira parte da miña intervención establecerei unha analoxía entre a figura do historiador e a figura do tradutor e seguiremos coas Teses sobre o Concepto de Historia de Walter Benjamin (fotocopiadas en francés e en inglés) aínda que o primeiro texto que vou comentar del está ao final das fotocopias baixo o título “Parilipomènes et variantes”. Darei algúns detalles sobre o porqué destas versións e destas linguas e tamén o porqué desta analoxía historiador-tradutor.
Na segunda parte escollerei algunhas cubertas (onde hai peritextos e epitextos) da obra se Questo è un uomo en diferentes edicións e en diferentes linguas de “e questo é un uomo” de Primo Levi autor fundamental da Literatura da Memoria do Holocausto ou da Shoah para ver que grao de responsabilidade se lle outorga á persoa que traduce.
E con tal motivo farei unha unha descrición da concepción da Paratradución desde 2004 en que falamos do “espazo de análise da tradución e do tradutor” ata hoxe día que esperamos terlle engadido a dimensión temporal.
Usamos na linguaxe diaria a expresión “ facer memoria” para intentar lembrarnos de algo, cando sae esa lembranza en forma de imaxe ou de relato verbal (pronunciado ou non) e quizais non sexamos moi conscientes de que xa fixemos unha interpretación (unha lectura) do feito real. En todo caso, esa operación de memoria que fixemos é, en xeral, a que consideramos como verdadeira. Pero, cabe preguntarse se somos conscientes de que os feitos ou os acontecementos vividos por nós son ou non unha “ficción” porque no momento de facer o relato, este está mediatizado, entre outros elementos, polo momento presente.
En realidade, estamos realizando “operacións de memoria” constantemente e a persoa que traduce aínda máis porque ademais da operación sobre a súa memoria ten de recuperar a memoria dun “orixinal” (dígoo entre comiñas porque sobre o estatuto do “orixinal” e da “orixinalidade” habería moito de que discutir).
Preguntámonos se o tradutor cando realiza o seu labor é consciente de que lle está trasladando as súas normas, crenzas e valores, isto é, a súa ideoloxía (así, en xeral) e que esas normas crenzas ou valores non son só súas, senón que son as que corresponden ás dun colectivo humano, ás dunha sociedade (e que esta sociedade delega nel a función mediadora)
Facer Memoria é pois, facer Historia e estamos convencidos de quen traduce actúa como quen describe a Historia. O filósofo que fixo esta analoxía por primeira vez foi Walter Benjamin no ensaio “O cometido de quen traduce” (1923) [Diapo 2, Walter Benjamin] e no ensaio “Sobre o concepto de Historia” tamén coñecido como “Teses sobre o concepto de Historia” ou “Teses sobre a filosofía da Historia”.
No caso das teses en francés seguimos a escrita ou versionada ou traducida ao francés polo propio Walter Benjamin. Estas teses foron publicadas por primeira vez en Estados Unidos no ano 1942, por Theodor W. Adorno e Horkheimer, exiliados alí e cabezas visibles da Escola de Frankfurt dentro do Instituto de Investigacións Sociais.
Aparecen en Écrits français (Gallimard, 1991)
Son un total de XIX teses. En Walter Benjamin, Œuvres III

« Ce texte, publié par l’Institut de recherches sociales après la mort de Benjamin (Los Angeles, 1942), a eté rédigé dans les premiers mois de 1940. Il reprend et développe des idées autour desquelles la réflexion de l’auteur tournait depuis plusieurs anées, comme le montrent les passages repris de l’étude sur Fuchs […] Une version française, due à Benjamin lui-même, figure dans le volume des Écrits français. »

No caso das teses en inglés seguimos a editada por Hannah Arendt que leva ademais unha introdución da súa autoría. Esta filósofa é a grande introdutora da obra de Walter Benjamín en EEUU nos anos 70 do século pasado e a partir de aí divúlgase ao resto do mundo. A introducción está feita por Harry Zorn, Illuminations, Walter Benjamin, (edited and with an Introduction by Hannah Arendt, translated by Harry Zorn,(1999, 1ª1970, Londres-PIMLICO-Random House)

Estas teses son o noso punto de partida metódoloxico para o camiño de (auto) reflexión sobre a actividade do traducir e constitúen os prolegómenos do que ha ser a nosa “Teoría da Paratradución”
Pois ben, escribiu as teses en 1940 e ese mesmo ano (26 setembro) morreu, matárono ou se suicidou en Portbou (Cataluña). En todo caso estaba sendo perseguido pola Gestapo e Walter Benjamin fuxía dela.
Estamos a realizar unha evidente equivalencia entre o cometido do tradutor e o cometido do historiador.
(emprego “equivalencia” polo rendemento que este termo ten en didáctica da tradución e emprego “cometido” para lembrar o título que nós lle demos á “función” do tradutor, á “tarefa do tradutor”, á “misión” do tradutor, ao “abandono do tradutor” porque de todas estas maneiras foi traducido “Aufgabe”.
Quen traduce realiza autocrítica sobre as súas escollas ideolóxicas? Estamos convencidos de que non, da mesma maneira que non a fai o historiador sobre a descrición da “súa” historia. Poderase responder que o historiador realiza un traballo obxectivo, consultando fontes e mesmo contrastándoas, e o tradutor dirá que tamén é obxectivo e fiel ao texto. A realidade é que tanto a descrición da historia como a actividade do traducir serve sempre a... uns intereses, esta servitude/servizo pode ser consciente ou non. (Diapo 3) O que se desbotou/Paralipomenos
Para introducir o labor do historiador/tradutor, isto é, o labor do intérprete, emprego os Paralipomenos, os que Walter Benjamin escribiu pero que el mesmo deixou de lado, “a coté”.
“Titre d’une partie de la Bible, qui forme un supplément aux livres des Rois. Sorte de supplément à l’ouvrage qui précède, par opposition à prolégomènes. Du grec « paraleipo », laisser/ Etymologie : Du grec, laissés de côté, livres : livres laissés de côté, du grec, à côté, et, laisser. »
“Ler o que endexamais foi escrito” O lector que faga isto lembra o verdadeiro historiador. O que foi escrito só serviu de loor, de louvanza ao poderoso, ao poder. O que non foi escrito é a historia do obreiro, do individuo, do pobo miúdo ou da vítima da Historia. Ese foi deixado de lado, quedou fóra da Historia oficial, quedou “Para” de lado, excluído. A festa, a celebración, os cantos que acompañan á “Historia” oficial, á historia escrita, ten que ser purificada e fixarse no momento pequeno, no instante, por ínfimo que sexa de cada individuo do pasado. Se se recupera todo o que non foi escrito, é cando se pode considerar que existe unha “Historia universal”.


O cometido do historiador e do tradutor pasa por realizar logo autocrítica e reflexionar : Que Memoria (do orixinal?) recupera o mediador /tradutor? É consciente de que está mediatizado pola ideoloxía dominante? O paralelismo historiador/tradutor é claro en tanto que ambos teñen de ir ás fontes (creo que é cuestionable a existencia de unha única fonte) Este punto de autocrítica que todo mediador debe realizar, non se ensina nas facultades. O feito de considerar o escrito nos libros de Historia como o único verdadeiro, é non ter en consideración aquela máxima de Walter Benjamin (inspirada en Nietzsche) da "historia escrita polos que veneran aos vencedores", esquecendo á vítima desa historia. A cultura que transmite esa historia é a cultura que o vencedor (quer dicir as clases dominantes de todas as épocas) quere que sexa conservada. A reflexión que Walter Benjamin fai na tese VII "Sobre o concepto de Historia" refirese tamén ao reverso bárbaro da medalla brillante e dourada da cultura, esa pillaxe de guerra que pasa de vencedor a vencedor. A elite dominante apropiase -pola conquista ou outros medios bárbaros- da cultura precedente e incorpóraa ao seu sistema de dominación. Así a cultura e a tradición convértense como destaca Benjamin na tese VI en "instrumento das clases dominantes"´. É necesario escribir a historia en "sentido contrario" en expresión de Benjamin e recusar toda identificación afectiva cos heroes oficiais, por exemplo con os heroes celebrados co V Centenario, os colonizadores ibéricos, as potencias europeas que levaron a relixión, a "cultura" e a "civilización" ás Indias "salvaxes". Isto significa considerar que cada monumento da cultura colonial é tamén un documento de barbarie, un produto da guerra e do exterminio. Se o tradutor non levanta à cuestión da ideoloxía que transmite está a ser un cómplice da barbarie. Un exemplo de vítima da historia e cómplice é a india Malinche...

Historia do concepto/Método/Teoría da Paratradución

A Historia do concepto de “Paratradución” comeza cos testemuños do Holocausto ou Shoah e da análise da súa transmisión. En especial coa obra Se questo é un uomo de Primo Levi. Le nom “Paratraduction” est né de l’analise des témoins de l’histoire.
-Le dévoir de mémoire individuelle
-D’abord oublier/ne pas parler
-D’abord oublier pour après racconter
-Faire de l’intérpretation de son passé
-Le dévoir de mémoire collective- Idéologie- Enjeu clairement politique
-Racconter l’inefable (Quel futur pour la Raison, après tous les génocides:Goulag, Hiroshima, Rwanda...)
-Aporie de l’après Auschwitz
-Le langage humain est incapable de racconter le “réel”
-Traduire en mots l’événement
-La mémoire d’Auschwitz s’est “écrite” à l’appui de toute sorte de codes: aussi bien verbaux que non verbaux.

Os pasos (démarche) que houbo que seguir para encontrarlle algunha saída a todos estes ítems deu lugar á Paratradución.
Na primeira etapa escribiamos “Tradución/Paratradución” e diciamos que a barra que separaba “ambos substantivos unhas veces deberá interpretarse como alternancia e outras como co-presencia de ambas actividades no texto e no paratexto do ben cultural que se incorpora á sociedade de recepción. «Paratraducción» era o noso espazo de análise para describir todo aquilo que está arredor da actividade translativa que se presenta como tradución á sociedade que a recibe cando en realidade non o é. De aquí sae o axente «paratradutor» e os elementos «paratradutivos» : o primeiro pode coincidir coa persoa que asina o texto traducido ou non, os segundos poden manifestarse en forma de linguaxe verbal ou linguaxe icónica ou na combinación das dúas, a linguaxe verboicónica, sempre dentro de todo ese espazo do paratexto que rodea —acompaña, introduce, presenta, embelece ou adorna— ao texto termo do proceso de tradución pero que stricto senso non foi froito da tradución de ningún texto orixinal.” (Tese, p.16)
(.p18)...Tendemos a ver o tradutor como o único responsable da operación traslativa do ben cultural que se está incorporando á comunidade. Sen embargo a tradución nunca é unha operación autónoma, o tradutor, sendo un operador principal, é un membro máis dun equipo ou dunha micro sociedade que goberna a maneira de elaborar un produto final, no noso caso un libro, cuxa capacidade de decisión está supeditada ás decisións funcionais que decide un grupo cunha posición de poder tal que estea en condicións de facelo. Ese grupo influínte é quen recibe a encomenda da sociedade de incorporar as innovacións, é dicir, introducir os novos textos conforme ás súas crenzas e valores.
Sendo isto así, formulamos a nosa primeira hipótese de traballo: a sociedade decide qué se traduce, cándo, por qué, para qué, onde se traduce e sobre todo, cómo se traduce, axeitando as novas incorporacións ao seu sistema de crenzas e valores dominantes, é dicir, importa o ben cultural conforme á ideoloxía dominante da comunidade receptora. Entendemos que o peso da autoridade da creación artística, da autoridade do escritor e a dos mediadores queda marxinada se non están nunha posición de poder que permita entender e impoñer os seus criterios. Sociedade, poder e ideoloxía son as variables sobre as que baseamos a nosa argumentación, non para valorar se ten máis peso a capacidade individual ou a colectiva, porque o noso fin non é de seu antropolóxico ou sociolóxico, senón para descubrir de qué maneira inflúe na actividade tradutiva.
Crear dous espazos de descrición, un de tradución e outro de paratraducción resultounos fundamental desde o punto de vista metodolóxico, porque nos permitiu analizar as distintas caras do traducir.
Isto lévanos a formular a segunda hipótese de traballo que deriva directamente da primeira: os cambios radicais realízanse con máis «naturalidade» nos paratextos ca nos textos. De aí que a paratraducción sexa máis ostensible no paratexto porque interveñen nel máis axentes e tamén porque se percibe que se lesiona menos a autoridade ou a esencia do orixinal. É así mesmo o espazo en que se deixa ver a interpretación que a sociedade receptora realiza da obra que importa, sempre conforme aos seus valores e crenzas, polo tanto, tamén é o lugar en que podemos «ler» a súa ideoloxía. O tradutor é máis autónomo no texto, pero aínda aquí vai estar condicionado polas normas da sociedade, que de forma consciente ou inconsciente, van agromar nas súas decisións de tradución. Aínda que resulte pouco eufónico, poderiamos enunciar con carácter xeral, que a tradución se realiza sobre o texto e a paratraducción sobre o paratexto, con todo, tanto unha como outra actividade se poden exercer en ambos os dous espazos. Acaba anaco t. p19.

O elemento problemático na figura do tradutor da mesma maneira ca o da figura historiador é considerar que o seu cometido é en si mesmo obxectivo. No caso do tradutor sobre todo na consideración de que existe unha equivalencia, como o daquela tradución mecánica e mecanizada, sen darse conta de que está sometido ao imperio da ideoloxía dominante.
Pasamos agora á descrición dos paratextos de Se questo è un uomo, onde veremos que o tradutor é victima da industria cultural, da ideoloxía dominante, da manipulación etc, e ademais fáiselle responsable de todo o malo.
Acquis ou o que se conseguiu co do método paratradutivo, no sentido de darlle nome a fenómenos tradutivos e/ou sobre o que non se ten reflexionado.
Por exemplo decatarnos que a única forma de traducir que se declara abertamente ideolóxica, é a tradución realizada desde a ideoloxía feminista, sería como a tradución marcada, e todas as demais serían como as consideradas “non marcadas”. A comparación que establecemos parte desa concepción do xénero masculino como o non marcado e o feminino como marcado. Cómpre lembrar que a autora Olga Castro da análise das traducións de Le deuxième sexe seguiu o curso ideoloxía no texto e ideoloxía no paratexto. Son as mesmas?.
Fronte a un método prescritivista baseado no modelo de verbos modais ou perífrases modais de obrigación do tipo “O tradutor debe...” “o tradutor ten que...” o modelo da paratradución prefire chamar a atención, servir de alerta, avisar do incendio.
O pensamento paratradutivo primeiro abráiase ante o problema e logo busca explicacións. Descobre e dálle nome a elementos reais que existen na mediación; CF tradución audiovisual “tradución burocrática” do proxecto cinematográfico descuberta na tese de Xoán Montero.

A Paratradución é unha teoría da tradución baseada na observación e especulación. Para observar os fenómenos similares comparáronse unha fonte « orixinal » con diferentes traducións.
A paratradución é unha explicación “non definitiva” e “en construción” do feito tradutivo. Cando está limitada nun momento e nun espazo cultural determinado describe cómo se realiza a mediación e descobre que ademais dos tradutores existen máis axentes que interveñen no produto chamado “tradución”, “ben cultural importado”, “obra artística trasladada” etc. A paratradución anda a procura dos mediadores para ver cómo len e interpretan o que se pretende importar e exportar.
As decisións de tradución desvélannos as opinións e a recepción que ten un acontecemento (histórico, estético) na sociedade para a que vai dirixida o texto no momento en que se decide importalo e incorporalo a unha cultura.
Consideramos que a Paratradución naceu como un método de análise comparativa de textos e paratextos, como método de investigación. Da mesma maneira có método do historiador : « Il est tenu de brosser à contresens le poil trop luisant de l'histoire »o tradutor ten mirar o reverso da medalla. Todo método de investigación debe incluír unha definición/exposición dun problema e a exposición de solucións. Débese comezar coa descrición das etapas.
Paratradución “o que se deixa de lado” o que non sae á luz e que cómpre esclarecer.
Resolución de problemas e/ou exercicios “O nosos textos”
Presentación do traballo de comparación textos, TO e TTTT, a través da plataforma Faitic para o cal abrirase posibilidade de enviar os traballos ao apartado de "exercicios". Solicitarase tamén a exposición presencial dos resultados da investigación de cada alumno/a. A pescuda ten que ser por parellas, porque para realizalo, unha persoa terá que ler nunha lingua e outra comprobar a tradución/s. De aí extraeranse unidades significativas susceptibles de comparación, que poden ser unha “palabra” “unha frase” ou un parágrafo, do que se poidan deducir comportamentos tradutivos. Recoméndase o uso sistema de citación que está no documento Anexo I capitulo 10 Corpus textual… (Faitic) Abonda con borrar todas a citas, menos a primeira, e a partir de aí, as citas enuméranse automaticamente.
Estudo de casos/análises de situacións “Os meus paratextos”
Na clase maxistral expóñense os paratextos das diferentes edicións en italiano e das traducións en diferentes linguas da obra Se questo è un uomo do escritor italiano Primo Levi, químico de profesión e supervivente dos campos de exterminio nazis (CF. "Paratextos SQEUO" no apartado de documentos e enlaces, Faitic). Formulánse hipóteses de traballo que logo se van confirmando a través un percorrido ecdótico dos orixinais e das traducións, quedando cada unha delas inserida dentro de cadanseu contexto cultural, político e social.
A proposta de actividade é que realicedes un traballo similar cos títulos e imaxes (linguaxe verbal e non verbal) que aparecen nas cubertas das obras que expuxestes no primeiro exercicio. Se non vos dan xogo, podedes escoller outras, trátase sobre todo, de que especuledes sobre as razóns que levaron ao cambio dos títulos e dos elementos iconográficos e cheguedes a establecer hipóteses verificables. Case é preferible que vos centredes nunha obra e que a comparedes coas cubertas de cantas edicións en diferentes linguas poidades sexades quen de conseguir ou ter acceso. Fixádevos na disposición ortotipográfica dos elementos da cuberta, comprobar se resalta máis o nome do autor ou o título da obra, ver se hai recensións (epitextos) de mecenas que a presentan e tamén se se mantén a cuberta orixinal ou non ou se hai algún elemento iconográfico que perdure nas edicións traducidas. Enfin, calquera elemento paratextual que dea rendemento para a análise.
Presentacións/exposicións Exposicición das presentacións en powerpoint dos traballos individuais "Os meus Paratextos".
Exposición das presentacións en powerpoint dos traballos "Os nosos textos"
Debates Exposición do o primeiro capítulo de Plaidoyer pour un monde métis de Alexis Nouss.
Para ter un visión máis completa do lugar que ocupa a Tradución no discurso deste autor é interesante ler o artigo publicado en Meta (1995) “La Traduction comme OVNI” (obxecto epistemolóxico non identificado)
Meta : journal des traducteurs / Meta: Translators' Journal, vol. 40, n° 3, 1995, p. 335-342.
http://www.erudit.org/revue/meta/1995/v40/n3/003748ar.pdf
Alexis Nouss realiza continuas remisións ao artigo de Walter Benjamin publicado en 1923 e titulado “Die Aufgabe des Übersetzers”, existe unha versión galega realizada por Burghard Baltrusch, Silvia Montero Küpper e Garrido vilariño no nº13 (2007) da revista Viceversa (pp.9-23)
Alexis Nouss realiza un alegato a prol dun mundo mestizo como unha nova vía de pescuda el chámalle "proposition" e nesta proposta exclúese o uso de mestizo como a que fai a industria do divertimento -a que se quere vender desde os medios de comunicación en mans dun poder dominante- ou o uso que fan do termo nas políticas de integración que se publicitan institucionalmente (desde Francia por exemplo). Coa descrición e argumentacións dos termos multiculturalidade, intercultural, tranculturalidade, hibridismo, hidridación e mestizaxe, Nouss pretende redireccionar en positivo o termo e a concepción de mestizo (cunha historia chea de prexuízos) : "Le métissage est exil hors de soi ... Ni une condition ni un état, le métissage désigne un processus, révélant une multi-appartenance" (Nouss, 2005:29) Do mesmo xeito ca o texto traducido, é o resultado du proceso e caracterízase pola multi-pertenza porque nin é da sociedade de partida, nin da de chegada, nin da do mediador/a etc., senón que é de todos a un tempo.
“:.. Loin de son emploi dans la vulgate médiatique et publicitaire, le métissage n’est pas une valeur fixe, un état permanent ou une condition immuable mais un processus qui permet de reconnaître la multi-appartenance, être ici et là, être ceci et cela, habiter des deux côtés de la frontière, emprunter une troisième voie entre homogène et hétérogène, fusión et différenciation” (cursiva no orixinal, Nous, 2005:10) Esta descrición de mestizaxe acáelle á tradución ao cen por cen.
O ser mestizo é un cen por cen de todo, non é un parte disto, outra parte daquilo e outra, doutra máis. O ser mestizo é una identidade nova que non borra (apaga) ningunha das identidades que o constitúen e que cando se realiza nunha faino ao cen por cen (cf. “sujet brésilien” Nouss, 2005:35) O mesmo ca a tradución.
Para abrir a discusión : se alguén de vós se tivese que adscribir a alguna tendencia cultural da actualidade (multiculturalidade, hibridismo, transculturalidade, mestizaxe etc.) a cal o faría?
Sentídesvos mestizos dalgunha maneira? Que hai de mestizo en vós?
Nos estados occidentais actuais a cal lle atribuiriades a etiqueta de estado multicultural nos termos en que os presenta Nouss?
Foros de discusión 1ºForo
Título: Queres visibilidade?
Estudo sobre a pertinencia das “N. do T. /N. da T.” nun texto literario.
Análise dos elementos paratradutivo s que crea un tradutor/a
2º Foro
Título: Plaidoyer pour un monde métis
Comentarios sobre a lectura de "Prologue" e "Transes culturelles" do mesmo libro.
Que país de europa podería reunir os requisitos de Mestizaxe que describe Alexis Nouss?
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000