Guia docente 2025_26
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
 Materias
  Prácticas textuais: Ensaio
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Obradoiro Entre as prácticas de redacción elaboradas ao longo do cuadrimestre, a/o alumna/o escollerá unha para que sexa avaliada. A extensión mínima será de 500 palabras. O documento será subido a Moovi no apartado correspondente e no prazo indicado ao longo do curso. 30 A1
B4
D2
D6
D8
Traballo tutelado Actividades prácticas de lectura e comentario crítico de textos ensaísticos. No caso do alumnado presencial, deberase expoñer oralmente unha reflexión crítica sobre o tema que aborden os textos lidos. No caso do alumnado semipresencial, a reflexión crítica sobre as lecturas deberá entregarse por escrito a través de Moovi antes da data límite establecida ao inicio do curso. 30 A1
A2
B4
B6
B8
C3
C7
C17
C19
D2
D3
D9
D10
Traballo Trátase da realización dun traballo escrito no que se desenvolva un tema coas características do estilo ensaístico. O traballo deberá subirse a Moovi en formato PDF ou en formato impreso. 40 A5
C17
C19
D2
D6
D8
D9
D10
D11
D12
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

1. PRIMEIRA EDICIÓN DE ACTAS (Maio-xuño 2026)

Posto que se trata dunha materia sen docencia recóllese só a opción de avaliación única.

Avaliación única

Neste
caso, a avaliación poderá realizarse mediante un exame único,
baseado nos contidos da materia, no que a nota constituirá o
100% da cualificación final.

Este exame terá lugar ao final
do cuadrimestre e estará fixada no Calendario de exames
establecido e publicado pola FFT.

2. SEGUNDA EDICIÓN DE ACTAS (xuño-xullo 2026)

Na
segunda edición de actas a avaliación levará a cabo
exclusivamente mediante un exame único, baseado nos contidos da
materia. Este exame terá lugar na data oficial de xullo aprobada
pola Xunta de Facultade e que figura tamén no Calendario de exames.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000