Guia docente 2020_21
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
 Materias
  Prácticas textuais: Ensaio
   Atención personalizada
Metodoloxías Descrición
Obradoiro Os obradoiros de redacción de textos ensaísticos requiren de atención personalizada por parte dos docentes. Por un lado, proporcionaranse indicacións ao longo das sesións presenciais; por outro lado, no horario de titorías tamén poderán realizarse consultas. Ademais, a través do correo electrónico tamén se atenderán dúbidas. No caso do alumnado semipresencial os mecanismos de atención serán os mesmos e, ademais, tamén se fixarán titorías específicas de carácter obrigatorio.
Traballo tutelado Os traballos de lectura e crítica de textos ensaísticos requiren de atención personalizada por parte dos docentes. Por un lado, proporcionaranse indicacións ao longo das sesións presenciais; por outro lado, no horario de titorías tamén poderán realizarse consultas. Ademais, a través do correo electrónico tamén se atenderán dúbidas. No caso do alumnado semipresencial os mecanismos de atención serán os mesmos e, ademais, tamén se fixarán titorías específicas de carácter obrigatorio.
Probas Descrición
Traballo Para a realización do traballo de curso ofrecerase atención personalizada. Proporcionaranse indicacións nun documento que será subido a faitic nas primeiras semanas do curso; ademais, no horario de titorías tamén poderán realizarse consultas. Finalmente, a través do correo electrónico tamén se atenderán dúbidas. No caso do alumnado semipresencial os mecanismos de atención serán os mesmos e, ademais, tamén se fixarán titorías específicas de carácter obrigatorio.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000