Guia docente 2021_22
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Ciencias da Linguaxe e Estudos Literarios
 Materias
  Prácticas textuais: Ensaio
   Plan de Continxencias
 
Descrición
MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS
Aínda que en 2021 a alerta sanitaria provocada pola COVID- 19 evoluciona positivamente, a Universidade de Vigo establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo de ser necesario a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS, ATENCIÓN E AVALIACIÓN
As alternativas metodolóxicas en caso de docencia mixta e/ou non presencial serán síncronas (aulas xemelgas e despacho persoal do Campus Remoto) e asíncronas (Moovi). No apartado de atención personalizada e avaliación xa se especifica a adaptación metodolóxica que se levará a cabo en caso de ser precisa.

O acceso ao Despacho persoal de Susana Rodríguez Barcia (Sala 2186) no Campus remoto faise a través da ligazón e clave seguintes:

https://campusremotouvigo.gal/public/836489612
Contrasinal: q9bUtq7M

A URL e clave de acceso para as aulas xemelgas envíanse ao principio do curso dende o vicedecanato competente.

En resumo: Como plan de continxencia sobre a modalidade mixta, na que unha parte do estudantado asistirá ás aulas de forma presencial e outra parte seguirá as clases dun modo síncrono (preferentemente) ou asíncrono, o profesorado manterá as metodoloxías, a atención personalizada e os sistemas de avaliación como se indica para a modalidade presencial (coas especificacións recollidas), adaptando os grupos de estudantes e as quendas para cumprir coa normativa sanitaria que se estableza no seu momento.

Nesta materia, independentemente da modalidade de ensino, as actividades entréganse a través de Moovi. No caso dos traballos de aula, de non poder desenvolverse de xeito presencial empregarase a aula xemelga no Campus Remoto.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000