1. PLAXIO: A copia ou plaxio total ou parcial en calquera tipo de traballo ou exame suporá un 0 nesa proba. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o estudantado da súa responsabilidade neste aspecto.
2. CORRECIÓN LINGÜÍSTICA: Na avaliación terase en conta non só a pertinencia e calidade do contido das respostas senón tamén a súa corrección lingüística.
3. USO DA PLATAFORMA MOOVI: É responsabilidade do estudantado consultar os materiais dispoñibles na plataforma (novidades, documentos, cualificacións) e estar ao tanto dos avisos e das datas de realización das diferentes probas.
4. BIBLIOGRAFÍA SECUNDARIA: A lista de bibliografía secundaria entregarase a través de plataforma ao inicio de cada tema.
5. ALUMNADO INTERNACIONAL: O alumnado internacional someterase aos mesmos requerementos que o resto do alumando.
6.. TITORÍAS: O horario de titorías entregarase no comezo do cuadrimestre. As consultas enviadas por correo-e serán respondidas dentro dese mesmo horario.
|