Guia docente 2016_17
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución especializada idioma 2: Científica-técnica: Francés-Español
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Exame realizado na aula consistente na tradución dun texto científico-técnico. 30 A1
A2
C3
C4
C5
C8
C17
C18
C22
C27
D2
D4
D7
D9
D16
D18
D22
D23
Traballos e proxectos Proxectos de tradución baixo a forma de encomendas que simulan encargas reais. 70 A3
A4
A5
C3
C4
C5
C8
C9
C11
C14
C17
C18
C22
C24
C26
C27
D2
D4
D6
D7
D8
D9
D14
D15
D16
D18
D22
D23
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Avaliación continua

Nas dúas primeiras semanas de clase, o alumnado deberá comunicarlle ó
docente a súa intención de acollerse á avaliación continua. Proporanse fórmulas individualizadas para garantir que o alumnado que
non poida asistir regularmente ás sesións presenciais teña a
oportunidade de cursar a materia en réxime de avaliación continua.

As competencias do alumnado serán avaliadas en función de dúas metodoloxías
diferentes:

a) En traballos e proxectos, mediante a resolución de exercicios baixo a forma de tradución de
encomendas (70% da nota final). A nota media dese bloque metodolóxico
calcularase a partir das 3 mellores notas dun total de 5 encomendas. A primeira
encomenda de tradución deberá entregarse na primeira semana de febreiro de
2017. A segunda encomenda de tradución deberá entregarse na primeira semana de
marzo de 2017. A terceira encomenda de tradución deberá entregarse na terceira
semana de marzo de 2017. A cuarta encomenda de tradución deberá entregarse na
segunda semana de abril de 2017. A quinta encomenda de tradución deberá
entregarse na cuarta semana de abril de 2017.

b) Mediante a corrección da proba práctica na aula (30% da nota final). A proba
práctica en aula terá lugar na derradeira semana do mes de abril de 2017.

 

Convocatoria da primeira edición de actas (xuño de 2017)

O alumnado que non se acolla á avaliación continua poderá realizar un exame
final e único na data fixada no calendario de exames da FFT.

Este exame consistirá nunha tradución fr>es con tempo limitado (105
minutos). Esta proba representará o 100% da nota final. A non ser que o docente
sinale o contrario, non se poderá empregar ningunha ferramenta electrónica.

Convocatoria da segunda edición de actas (xullo de 2017)

O alumnado que obtivese unha cualificación de suspenso nas probas da
avaliación continua ou na convocatoria da primeira edición de actas (xuño de
2017) deberá presentarse á convocatoria da segunda edición de actas (xullo)
fixada no calendario oficial da Facultade.

Este exame consistirá nunha tradución fr>es con tempo limitado (105
minutos). Esta proba representará o 100% da nota final. A non ser que o docente
sinale o contrario, non se poderá empregar ningunha ferramenta electrónica.

O plaxio ou copia cualificarase cun 0, que computará para a nota final. O
exercicio ou traballo que sexa obxecto de copia ou plaxio non se poderá repetir.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000