Guia docente 2019_20
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución especializada idioma 2: Administrativa-económica: Alemán-Galego
   Avaliación
  Descrición Cualificación Competencias Avaliadas
Presentación
Avalíase a preparación, presentación e o contido.
Cómpre entregar unha sinopse das presentacións ata o 30 de abril.
20 CB1
CB2
CB4
Resolución de problemas Avaliarase a resolución dos problemas e exercicios desenvoltos na aula ou en casa. 10 CB2
Resolución de problemas de forma autónoma Avaliarase a resolución dos problemas e exercicios desenvoltos de forma autónoma 10
Práctica de laboratorio O exame constará dun exercicio de tradución de entre 250 e 300 palabras; entregarase obrigatoriamente en formato electrónico, seguindo o formato esixido. Para a elaboración da tradución poderase facer uso das fontes de información en formato papel así como das dispoñibles en internet. 60 CB2
CE1
CE3
CE5
CE22
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

É responsabilidade do alumnado consulta-los materiais e as novidades a través da plataforma de teledocencia Faitic, así como informarse sobre as datas nas que teñen lugar as probas de avaliación).

Avaliación continua:

Para unha axeitada avaliación cómpre unha asistencia asídua e participativa ás aulas. Levarase un control de asistencia
mediante folla de sinatura. É obrigatorio cumprir coas esixencias do traballo tutelado e da presentación. Se algunha persoa non pode cumprir estas condicións, deberá comunicarllo á docente argumentadamente e reconsiderarase a posibilidade de avaliación continua.
A opción pola avaliación continua implica a renuncia á avaliación única. A/o alumna/o deberá notificarllo á docente por
escrito nas dúas primeiras semanas de clase. Se por causa de forza maior (traballo, enfermidade...) a/o alumna/o non
puidese seguir o sistema de avaliación continua a pesar de escoller opción, poderá acollerse á avaliación única. A/o
alumna/o que non supere a materia e teña que acudir á convocatoria de xullo deberá superar un exame con todos os
contidos da materia.

O exame constará dun exercicio de tradución de entre 250 e 300
palabras; entregarase obrigatoriamente en formato electrónico, seguindo o
formato esixido. Para a elaboración da tradución poderase facer uso das
fontes de información en formato papel así como das dispoñibles en
internet.

A data do exame será a data establecida no calendario de exames que se aprobará en Xunta de FFT.
Ó longo de toda a avaliación penalizarase a copia e o plaxio.


Avaliación única (convocatorias de maio e xullo)

O alumnado que non se acolla á modalidade de avaliación continua poderá presentarse ao exame oficial da materia nas datas establecidas pola FFT (maio e xullo).

O exame final poderá incluír cuestións teóricas e prácticas relativas ao total dos contidos abordados ao longo do semestre. A nota mínima que se require para superar esta proba é un 5 sobre 10.
O exame constará dun exercicio de tradución de entre 250 e 300
palabras; entregarase obrigatoriamente en formato electrónico, seguindo o formato esixido. Para a elaboración da tradución poderase facer uso das fontes de información en formato papel así como das dispoñibles en internet.

Penalizarase a copia e o plaxio.

En caso de suspenso na primeira oportunidade (maio) o alumnado poderá acollerse á modalidade de avaliación única de xullo. 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000