Guia docente 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución especializada idioma 2: Administrativa-económica: Alemán-Galego
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Presentación O alumnado exporá un tema de carácter administrativo ou económico desde unha perspectiva contrastiva entre os sistemas administrativos ou económicos de Galiza/España e os dos países onde o alemán é lingua oficial (A, CH, D ou L).
Resolución de problemas Realizaranse exercicios de tradución, que tentarán reproducir situacións reais, e exercicios de resolución de problemas (dificultades de tradución). Despois da presentación da base conceptual e procedimental, o alumnado preparará as tarefas pola súa conta. Finalmente, e de novo nas horas presenciais, farase a posta en común e corrección dos resultados. Esta parte terase en conta na avaliación continua.
Lección maxistral A docente exporá diversos temas relacionados coa materia.
Eventos científicos Asistencia a eventos cientificos de interese para o alumnado de T&I.
Resolución de problemas de forma autónoma A alumna ou alumno deberá realizar unha encarga de tradución que irá acompañada dun comentario das principais dificultades e das formas de resolvelas.
Estudo de casos O alumnado analizará situacións de tradución reais e fará propostas de forma autónoma; debateranse en grupo diferentes opcións e solucións.
Actividades introdutorias Actividades encamiñadas a tomar contacto e reunir información sobre o alumnado, así como a presentar a materia.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000