Guia docente 2019_20
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución especializada idioma 2: Administrativa-económica: Inglés-Español
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias As actividades introdutorias teñen como obxectivo presentar a materia ao alumnado.
Estudo previo As actividades previas teñen como obxectivo reunir información sobre o alumnado para avaliar a situación de partida mediante un exercicio breve de tradución e un cuestionario.
Estudo de casos Actividades de análise previa dos textos propostos para traducir, en que se inclúe a detección e resolución de necesidades documentais.
Resolución de problemas de forma autónoma Actividades en que se formulan exercicios ou encomendas relacionados coa materia. O alumno, de maneira individual ou en grupo, debe resolver adecuadamente a tarefa encomendada aplicando procedementos e estratexias adecuados. Esta metodoloxía inclúe tamén traballo na aula.
Traballo tutelado Realización de actividades que enfrontan os alumnos, traballando en equipo ou individualmente segundo o permitan as características do grupo matriculado, a problemas abertos de tradución. Permiten adestrar, entre outras, as capacidades de organización autónoma do traballo, aprendizaxe en cooperación, aprendizaxe autónoma, comunicación e fortalecemento das relacións persoais.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000