Guia docente 2019_20
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución especializada idioma 2: Administrativa-económica: Inglés-Español
   Avaliación
  Descrición Cualificación Competencias Avaliadas
Traballo tutelado O estudante entregará unha tradución realizada en grupo (se as condicións de matrícula o permiten), xunto cunha serie de tarefas que se lle propoñerán como parte do traballo. A este traballo asígnaselle un 40% da nota final da materia e é obrigatorio presentalo para poder aprobar a materia. A entrega realizarase dúas semanas despois do remate da docencia presencial. 40 CB2
CB5
CE1
CE2
CE3
CE4
CE5
CE8
CE10
CE16
CE17
CE18
CE21
CE22
CE24
CE26
CE27
Resolución de problemas e/ou exercicios Ao longo do curso realizaranse dúas probas prácticas, que consistirán cada unha na realización dunha tradución directa, que terán lugar nas últimas dúas semanas do curso. É obrigatorio aprobar as probas para aprobar a materia. Data de celebración: última semana de clase ou semana anterior. A cada proba corresponderalle un 30% da cualificación final. 60 CB1
CB2
CE1
CE2
CE3
CE4
CE5
CE8
CE17
CE18
CE21
CE22
CE24
CE26
CE27
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Esta materia é presencial e a súa avaliación continua. As metodoloxías descritas no cadro e as porcentaxes
asignadas a cada unha delas aplícanse ao sistema de avaliación continua. No entanto, se algún alumno, por motivos xustificados, non pode asistir a clase, deberá presentar nas dúas semanas seguintes ao día no que se matricule un xustificante especificando este particular.

ESIXENCIAS DA AVALIACIÓN CONTINUA:

-
Entregar dentro do prazo establecido o 100% das tarefas encomendadas ao
longo do curso, incluídas aquelas que non teñen peso na cualificación
final. Todas as tarefas deberán estar completas para que conten como entregadas.

Para o desenvolvemento das probas prácticas permítese o uso de apuntamentos e medios impresos pero non medios telemáticos. 

ESIXENCIAS DA AVALIACIÓN ÚNICA:

A avaliación dos estudantes que non se acollesen ao sistema de avaliación
continua consistirá na realización dunha tradución do inglés ao español
dun texto dunhas 400 palabras, que suporá un 40% da cualificación da materia, a resposta a unhas preguntas
breves sobre a materia, que suporán o 30% da
nota, e unha encomenda específica de tradución que se recibirá o día do exame e que deberá ser entregada nun prazo máximo de 48 horas (30% da nota). O exame de maio realizarase na data oficial fixada polo decanato. Calquera cambio notificarase a través da plataforma FAITIC.

SEGUNDA CONVOCATORIA (XULLO)

PARA
SUPERAR A MATERIA NA SEGUNDA CONVOCATORIA, OS ESTUDANTES DEBERÁN
APROBAR UN EXAME, QUE SE CELEBRARÁ NA DATA OFICIAL PREVISTA POLO
DECANATO DO CENTRO E QUE CONSTARÁ DAS SEGUINTES PROBAS (indícase o peso
de cada proba dentro do exame entre parénteses):

1. Proba de contidos sobre a materia, que incluirá preguntas breves (30%).

2. Proba práctica de tradución dun texto breve (de arredor de 300-350 palabras) do inglés cara ao español (40%).

3. Encomenda específica de tradución que se recibirá o día do exame e que
deberá ser entregada nun prazo máximo de 48 horas (30%)

Para o desenvolvemento da proba práctica permítese o uso de apuntamentos
e materiais impresos pero non de medios telemáticos. Para as probas de resposta curta non se
permitirá o uso de ningún destes recursos.

EXCEPCIONALMENTE,
PODERÁ ACORDARSE COS ESTUDANTES QUE NON SUPERASEN UNHA PARTE CONCRETA
DA MATERIA NO SISTEMA DE AVALIACIÓN CONTINUA O MECANISMO OPORTUNO PARA RECUPERAR ESA PARTE NA SEGUNDA
CONVOCATORIA.

PARA SUPERAR A MATERIA OS ESTUDANTES DEBERÁN OBTER POLO MENOS A CUALIFICACIÓN DE APROBADO (5) NAS TRES PARTES DA PROBA.

En
calquera das probas, traballos ou exercicios, independentemente da
convocatoria e do sistema de avaliación elixido, obterán a cualificación
de suspenso aqueles alumnos que:

- Cometan máis de dúas faltas de ortografía ou erros gramaticais.

- Incurran en plaxio total ou parcialmente.

Os estudantes teñen dereito, se o solicitan, a un xustificante
documental que acredite terse presentado á proba ou exame. Aquela persoa
que por enfermidade, lesión ou calquera outro impedimento temporal,
fidedignamente demostrado, non poida efectuar un exame ou unha proba
parcial, terá dereito a ser examinado noutra data.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000