Estudo previo |
As actividades previas teñen como obxectivo reunir información sobre o estudantado para avaliar a situación de partida mediante un exercicio breve de tradución e un cuestionario. |
Resolución de problemas de forma autónoma |
Actividades en que se formulan exercicios ou encomendas relacionados coa materia. O estudantado, de maneira individual ou en grupo, debe resolver adecuadamente a tarefa encomendada aplicando procedementos e estratexias adecuados. Esta metodoloxía inclúe tamén traballo na aula. |
Traballo tutelado |
Realización de actividades que enfrontan o estudantado, traballando en equipo ou individualmente segundo o permitan as características do grupo matriculado, a problemas abertos de tradución. Permiten adestrar, entre outras, as capacidades de organización autónoma do traballo, aprendizaxe en cooperación, aprendizaxe autónoma, comunicación e fortalecemento das relacións persoais. |