Presentacións/exposicións |
O alumnado fará unha exposición, ao ser posible en outubro ou novembro. |
40 |
A2 A3 A4
|
|
C2 C3
|
D3 D4 D9 D14 D22
|
Avaliación continua: Para unha axeitada avaliación cómpre unha asistencia asídua e participativa ás aulas. Levarase un control de asistencia mediante folla de sinatura. Se algunha persoa non pode cumprir estas condicións, deberá comunicarllo á docente argumentadamente e reconsiderarase a posibilidade de avaliación continua. Se por causa de forza maior (traballo, enfermidade...) a/o alumna/o non puidese seguir o sistema de avaliación continua a pesar de escoller esta opción, poderá acollerse á avaliación única. A/o alumna/o que non supere a materia e teña que acudir á convocatoria de xullo deberá superar un exame con todos os contidos da materia. Para os alumnos de avaliación contínua tense en conta o traballo feito en clase (resolución de exercicios ou presentacións ou traballos tutelados ou unha combinación deles). A data do exame será a data establecida no calendario de exames que se aprobará en Xunta de FFT. Ó longo de toda a avaliación penalizarase a copia e o plaxio. Avaliación única:
O alumnado que non se acolla á modalidade de ensino presencial (avaliación continua) poderá presentarse ao exame oficial da materia que terá lugar na data establecida no calendario de exames que se aprobará en Xunta de FFT. O exame final será unha tradución de entre 250 e 300 palabras relativas ao total dos contidos abordados ó longo do cuatrimestre. A nota mínima que se require para superar esta proba é un 5 sobre 10. A tradución efectuarase con todo tipo de obras de consulta e ordenador. Convocatoria de xullo: A/o alumna/o que non supere a materia e teña que acudir á convocatoria de xullo deberá superar un exame con todos os contidos da materia. Penalizarase a copia e o plaxio. |