Actividades introdutorias |
As actividades introdutorias consisten na sesión de presentación, no inicio do semestre. Nela exporase a posición da materia no contexto dos estudos de grao, os obxectivos do curso, a metodoloxía, as actividades e o sistema de avaliación. |
Lección maxistral |
O formato de clase maxistral está indicado para transferir coñecementos e sensibilizar o alumnado sobre temas tanto xerais como transversais. Serve para iniciar á metalinguaxe asociada ás destrezas precisas nesta materia, e transmitir formas de adquisición da información e de comprensión do sentido. Serve para estruturar contidos dos temas máis teóricos, ou que precisan desenvolvementos narrativos máis longos e completos. |
Resolución de problemas de forma autónoma |
Corresponde coa realización de encargas de tradución. Todas as encargas propostas proveñen do mercado real e consisten na tradución gl/fr de textos de volume calibrado, que pertencen á temática vinculada ó ámbito de especialidade correspondente.
Esta é a principal ferramenta metodolóxica do curso, malia que o enunciado (resolución de problemas) sexa contrario ós contidos desta materia, pois nela preferirase falar de "dificultades" e non de "problemas". Con esta metodoloxía o alumnado escollerá as súas estratexias de traballo de maneira autónoma. Esta autonomía responde ó nivel de responsabilización que se lle esixe ó alumnado, e que se plasma en tomas de decisión individuais e na capacidade para aterse a criterios desenvolvidos a medida que progresa o seu traballo de tradución. |
Saídas de estudo |
Sempre que haxa medios materiais, o grupo de alumnado, orientado polo docente, visitará dous lugares ou institucións e/ou museos ou exposicións ou eventos relacionados cos contidos da materia.
O obxectivo das saídas de estudo é de elaborar proxectos de tradución sobre a base dunha experiencia real. Os textos traducidos derivados destas saídas formarán parte da avaliación continua.
A presencialidade (6 horas) corresponde a 4 sesións de hora e media que non se impartirán na aula, e equivalentes a unha xornada. Nesta ocasión, a docencia trasladarase fóra do campus, ó lugar da saída de estudo.
A Universidade de Vigo facilitará os medios e o apoio loxístico necesario para estas saídas. |