As probas descritas na táboa anterior e as porcentaxes asignadas a cada unha delas só se aplican ao sistema de avaliación continua. Para acollerse a esta forma requírese:
Para o desenvolvemento da proba teórica non está permitido o uso de notas, libros nin ningunha outra fonte en soporte papel ou telemático. Para as probas prácticas permítese o uso das fontes documentais en papel ou telemáticas. Non está permitido o uso de tradutores automáticos nin de intelixencias artificiais.
O alumnado que non opte polo sistema de avaliación continua realizará un exame na data oficial da convocatoria de xaneiro fixada pola Facultade que representará o 100 % da nota final e que constará das seguintes probas:
- Proba práctica de tradución dun texto breve do español ao galego (40 %)
- Proba práctica de tradución dun texto breve do galego ao español (30 %)
Para aprobar a materia requírese unha media igual ou superior a 5 puntos e obter polo menos un 4 en cada unha das probas. Para o desenvolvemento do exame teórico non está permitido o uso de notas, libros nin ningunha outra fonte en soporte papel ou telemático. Para as probas prácticas permítese o uso das fontes documentais en papel ou telemáticas. Non está permitido o uso de tradutores automáticos, nin de intelixencias artificiais.
SEGUNDA OPORTUNIDADE (XUÑO/XULLO)
Para aprobar a materia na segunda oportunidade, o alumnado debe superar unha proba coas mesmas condicións que o exame de avaliación única e que se realizará na data oficial da convocatoria de xuño/xullo fixada pola Facultade. Para aprobar a materia requírese unha media igual ou superior a 5 puntos e obter polo menos un 4 en cada unha das probas. Excepcionalmente, poderase acordar que o alumnado se presente na segunda oportunidade só ás partes que teña pendentes.
Independentemente do sistema de avaliación elixido, non superará a materia quen incorra en plaxio total ou parcialmente. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o alumnado da súa responsabilidade neste aspecto.
É responsabilidade do alumnado consultar os materiais e as novidades a través da plataforma de teledocencia Moovi, así como estar ao día das datas en que teñen lugar as probas de avaliación.
Será necesario obter unha nota igual ou superior a 4 en cada unha das tres probas prácticas/encargas e na proba teórica para que se apliquen as porcentaxes anteriores. Para aprobar a materia, a nota media deberá ser igual ou superior a 5.