Guia docente 2017_18
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Interpretación idioma 2: Francés-Galego
   Competencias
Código Descrición
CB1 Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral e adoita atoparse a un nivel que, malia se apoiar en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ó seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solución a un público tanto especializado coma non especializado.
CB5 Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
CE1 Dominio de linguas estranxeiras
CE2 Coñecemento de culturas e civilizacións estranxeiras
CE6 Utlización de ferramentas informáticas e instrumentos técnicos para a interpretación
CE9 Coñecemento dos aspectos económicos e profesionais
CE13 Optimización de toma de notas, elaboración de resumos, síntese e reexpresión
CE17 Capacidade de tomar decisións
CT4 Resolución de problemas
CT7 Toma de decisións
CT13 Traballo nun contexto internacional
CT23 Capacidade de traballo individual
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000