Guia docente 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución económica idioma 1: Inglés-Español
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Nas actividades introdutorias valorarase e reforzarse o nivel de coñecementos previos de economía dos estudantes.
Estudo previo Nas sesións de estudo e actividades previas a docente proporcionará información sobre os diferentes temas que compoñen os contidos. Ademais, os estudantes deberán adquirir pola súa conta coñecementos sobre un tema económico, por medio da busca documental e o procesamento da información buscada. Tamén se incluirá nesta fase a lectura obrigatoria dunha obra ou de materiais seleccionados sobre temática económica.
Estudo de casos Realizaranse na aula e nos períodos de traballo autónomo do estudante exercicios de análise textual e de tradución supervisada, individuais e en grupo.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000