Estudos/actividades previas |
Nestas sesións a docente proporcionará información sobre os temas que compoñen os textos que se traducirán. Insisitirase na fase de documentación previa á realización de encomendas e traducións na aula. A docente recomendará certas fontes pero espérase que os alumnos tamén aporten documentación paralela que axude á realización das súas versións. |
Traballos de aula |
Realizaranse na aula varios exercicios de análise textual e de tradución supervisada, individuais e en grupo. Realizarase atención personalizada dos estudantes durante as titorías. A plataforma de teledocencia FAITIC funcionará como medio para incluír os materiais necesarios para o deselvolvemento da materia e para a comunicación individualizada de calificacións, etc. É responsabilidade do alumnado consultar os materiais e as novidades a través da plataforma FAITIC e estar ó tanto das datas nas que as probas de avaliación teñen lugar. A atención do alumnado que non asista ás clases realizarase unicamente no horario de titorías. Os periodos correspondentes coas revisións de traballos, encomendas e exames non superarán as 3 semanas e realizaranse durante as titorías da docente.
|