Na plataforma Moovi especificarase as datas de entrega de actividades, probas e encargos de revisión e corrección de textos que terán un peso específico na cualificación da avaliación continua. Para alumnado sometido a avaliación continua, o exame final (cuxa data de celebración será a establecida no calendario de exames aprobado na Xunta da FFT) constará de unha única proba teórico-práctica consistente en responder correctamente a unha serie de preguntas sobre as unidades didácticas da programación da materia, por unha banda, e demostrar a aplicación práctica dos protocolos de revisión e corrección de textos apresos en clase, por outra banda.
Será imprescindible responder a todas as preguntas xa que a non resposta a unha delas invalidan a proba. A copia ou o plaxio serán actos penalizados en todas as probas.
Por outra banda cabe lembrar que, con respecto á corrección do exame final (cuxa data de celebración será a establecida no calendario de exames aprobado na Xunta da FFT) prestarase unha especial atención ao dominio das normas ortográficas, morfológicas e sintácticas na redacción das respostas.
ATENCIÓN! Cometer tres faltas de ortografía invalidan o exame final e non detectar máis de tres erros ortotipográficos e/ou morfosintácticos na parte práctica do exame final tamén.
O alumnado non sometido a avaliación continua deberá realizar o día do exame final, ademais da proba que se menciona no sistema de avaliación continua, unha segunda e terceira probas que consistirán na corrección de concepto, de estilo e tipográfica de dous textos elixidos polo profesor.
A convocatoria de xullo consistirá nun exame que constará das mesmas partes que a avaliación non continua que se acaba de describir no parágrafo anterior. Nesta convocatoria de xullo as notas de evaluación continua obtidas polo alumnado que se acolló á evaluación continua seguirán contando.
O profesor coordinador da materia, Dr. D. José Yuste Frías, impartirá 30 horas, é dicir, un mínimo de 5 sesións de 2 horas a cada un dos 3 grupos de alumnado. As profesoras contratadas durante o curso 2022-2023 para esta materia, D.ª Patricia Sotelo Deus e D.ª Ana Hermida Ruibal, impartirán, respectivamente, 90,50 horas y 23,50 horas, é dicir un mínimo de 15 sesións e 4 sesións de 2 horas, a cada un dos 3 grupos de alumnado, eminentemente prácticas con vistas á aplicación de toda a teoría que sobre a revisión e os protocolos de corrección púidose ver en clase.
|