Recoñecemento dos ámbitos de especialización máis destacados no que ten que ver coa tradución e a interpretación como actividades profesionais, así como dos aspectos relativos á profesión de tradutor e intérprete. O curso está estruturado en dous bloques. No primeiro deles faise unha introdución á tradución e interpretación especializadas. No segundo preséntanse diversos aspectos socio-laborais de interese para o exercicio profesional. Para aproveitar a materia de xeito adequado necesítanse coñecementos básicos de lingüística.