Guia docente 2021_22
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Introdución aos ámbitos de especialización para a tradución e a interpretación e aspectos profesionais da tradución
   Plan de Continxencias
 
Descrición
Na eventualidade de a materia ou parte da meteria ter de ser ministrada de xeito non presencial serían mantidas as mesmas metodoloxías, conteúdos e tutorías, coa resalva de que serían desenvolvidas de maneira telemática facendo emprego das diversas ferramentas fornecidas pola Universidade de Vigo.

O mesmo se aplica aos procedimentos de avaliación, aínda que neste caso permitiríase que os estudantes a seguiren o curso presencialmente polo sistema de avaliación continua puidesen, de ser necesario para superaren a matéria, apresentarse á proba final de avaliación única. No que ten a ver con a exposición pública do traballo de curso, esta pasaría a desenvolverse igualmente por medios telemáticos.


Plan de continxencia sobre a modalidade mixta, na que unha parte do estudantado asistirá ás aulas de forma presencial e outra parte seguirá as clases dun modo síncrono (preferentemente) ou asíncrono: o profesorado manterá as metodoloxías, a atención personalizada e os sistemas de avaliación como se indica para a modalidade presencial, adaptando os grupos de estudantes e as quendas para cumprir coa normativa sanitaria que se estableza no seu momento.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000