Guia docente 2025_26
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Interpretación consecutiva idioma 1: Francés-Español
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Traballo tutelado Teranse en conta só para os estudantes que se acollan á avaliación continua.

Dividirase en dúas partes:

1. Participación na resolución de problemas derivados da práctica da IC. Realización das encomendas de IC solicitadas ao longo do curso. Así mesmo valorarase a elaboración e ampliación dos glosarios antes e despois dos distintos obradoiros temáticos. (15%)

2. Entrega dun traballo de autocorreción e comentario comparativo de dous exercicios feitos na clase, para avaliar a evolución da aprendizaxe ao longo do curso. (15%)
30 C1
C3
C4
C13
C17
C18
C21
D1
D4
D6
D7
D8
D9
D14
D15
D16
D18
D22
D23
Práctica de laboratorio A proba constará de dúas partes:

1. Proba de interpretación consecutiva (IC) dun discurso enunciado pola profesora en francés. (45%)
Cualificaranse os seguintes elementos: -técnica: capacidade de lectura e escoita coordinadas, toma de decisións e resolución dos problemas.
-contidos: coherencia intra e intertextual
-produción: expresión oral, rexistro, fluidez, prosodia.
- expresión: gramática e léxico.
Se queda algunha intervención ou frase sen terminar suspenderase a proba.

2. Produción e enunciación dun discurso en lingua francesa na que se valorarán os elementos xa citados: contido (coherencia intratextual), expresión e produción. (25%)

É imprescindible superar cada proba para dar por aprobada a materia.
70 C1
C3
C4
C13
C17
C18
C21
D1
D4
D6
D7
D8
D9
D14
D15
D16
D18
D22
D23
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A data oficial para a proba final tanto para o alumnado de avaliación continua como única será a data establecida no calendario de exames aprobado en Xunta de FFT.

É imprescindible obter un mínimo de 5 sobre 10 en cada unha das probas de laboratorio para dar por aprobada a materia.

Os/as estudantes que renuncien á avaliación continua terán que realizar unha proba de interpretación consecutiva ao castelán dun discurso en francés e un discurso oral en lingua francesa cunha duración de 10 minutos, na data oficial fixada polo centro. En ambos os casos, para aprobar a materia será necesario obter un mínimo de 5 sobre 10 en cada unha das probas.

Aos estudantes que se acollan á avaliación continua e suspendan a primeira edición conservaránselles as notas parciais aprobadas correspondentes á avaliación continua na segunda edición dentro da mesma convocatoria.

A segunda convocatoria levarase a cabo nas mesmas condicións que a primeira.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000