As/Os estudantes que desexaren
acollerse á modalidade de avaliación continua deben comunicalo ao profesor ou á
profesora con anterioridade á data do exame final. Para poder optar á avaliación
continua descrita anteriormente (elaboración de discursos, aplicación de
coñecementos teóricos, realización dunha proba de interpretación), cómpre
asistir a 80% das clases. Para alén de máis, é imprescindíbel obter unha
puntuación mínimo de 5 sobre 10 na proba de interpretación consecutiva para aprobar
a materia no seu conxunto, ao que se sumará a puntuación acadada nos outros
apartados.
A avaliación única, para aquel@s estudantes
que renunciaren á avaliación continua ou que non cumpriren coa condición da
asistencia mínima ás clases, consistirá nun único exame de interpretación consecutiva
dun discurso da lingua en-gl máis extenso e de maior dificultade (densidade de
información e velocidade), coa posibilidade de introducir tamén algunhas
preguntas finais para interpretar á lingua en. Data do exame final 2015: 27 ou 28 abril no horario habitual de clase NOTAS: 1. Ao trátase do último día de clase, o día do exame varía en función do grupo. Consultar horarios. 2. Coincide a data do exame final (presencial con avaliación continua) coa data da avaliación única (sen avaliación continua) A segunda convocatoria consistirá nun
único exame de interpretación consecutiva dun discurso da lingua en-gl de tipo
similar á proba realizada na modalidade de avaliación continua, coa
posibilidade de introducir tamén algunhas preguntas finais para interpretar á
lingua en.
|