Guia docente 2020_21
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución idioma 2, III: Portugués-Galego
   Avaliación
  Descrición Cualificación Competencias Avaliadas
Resolución de problemas No primeiro sistema de avaliación continua, realización de actividades que reproducen as características do labor profesional. Tales actividades, de carácter acumulativo, estarán distribuídas regularmente ao longo do período docente. Efectuarase unha proba final relativa a estas actividades, a cal representa o 50% da nota global. 50 CB1
CB3
CB4
CE1
CE4
CE9
CE17
CE20
CE22
CE24
CE27
CE32
CT1
CT4
CT7
CT12
CT13
CT22
Resolución de problemas de forma autónoma No primeiro sistema de avaliación continua, realización presencial de dous traballos de tradución que reproducen as características do labor profesional. Tales traballos de tradución representan as seguintes porcentaxes da nota global: traballo de tradución 1: 25%; traballo de tradución 2: 25%.
No segundo sistema de avaliación continua, realización a distancia de tres encargas de tradución que reproducen as características do labor profesional. Tales encargas de tradución representan as seguintes porcentaxes da nota global: encarga de tradución 1: 30%; encarga de tradución 2: 30%; encarga de tradución 3: 40%.
50 CB2
CB5
CE3
CE8
CE10
CE12
CE18
CE21
CE25
CE26
CE33
CT2
CT5
CT8
CT9
CT23
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Establécense dous sistemas de avaliación continua. 

O primeiro sistema de avaliación continua, destinado ás persoas que asistan
a un mínimo do 80% das clases, baséase na realización presencial de dous
traballos de tradución a partir de textos seleccionados polo docente e unha
proba final relativa ás actividades desenvolvidas nas clases. Os dous traballos
de tradución, que terán lugar respectivamente nas semanas do 22 de febreiro de
2021 e do 22 de marzo de 2021, representan cada un deles o 25% da nota global.
Por outra banda, a proba final relativa ás actividades desenvolvidas nas clases
representa o 50% da nota global. A devandita proba final, que terá lugar na
semana do 26 de abril de 2021, consistirá en exercicios de tradución sobre
textos abordados nas clases, sen posibilidade de utilizar, por tal motivo,
material auxiliar de ningún tipo. 

O segundo sistema de avaliación continua, destinado ás persoas que non
asistan a un mínimo do 80% das clases, baséase na realización a distancia de tres
encargas de tradución a partir de textos seleccionados polo docente. A encarga
de tradución 1 e a encarga de tradución 2 representan cada unha o 30% da nota
global; a encarga de tradución 3 representa o 40% da nota global. As tres
encargas de tradución terán como prazo límite de entrega as seguintes datas: a
encarga de tradución 1, o 22 de febreiro de 2021; a encarga de tradución 2, o 22
de marzo de 2021; a encarga de tradución 3, o 26 de abril de 2021.

Con independencia dos dous sistemas de avaliación continua descritos,
establécese un sistema de avaliación única destinado ao alumnado que non se
acolla a ningún sistema de avaliación continua para a convocatoria da primeira edición
de actas e destinado a todo o alumnado para a convocatoria da segunda edición
de actas, consistente nun exame presencial con exercicios de tradución
relativos aos contidos do programa, con posibilidade de utilizar exclusivamente
materiais lexicográficos en formato papel. As datas do devandito exame da
convocatoria da primeira edición de actas e da convocatoria da segunda edición
de actas serán fixadas no calendario de exames aprobado en Xunta da FFT. 

Todas as actividades de avaliación referidas para cada sistema de
avaliación teñen carácter obrigatorio e non existe nota de corte en ningunha
delas.

No caso de que se obteña a cualificación de suspenso na convocatoria da
primeira edición de actas en calquera dos dous sistemas de avaliación continua
e no sistema de avaliación única, haberá que recuperar a totalidade da materia
na convocatoria da segunda edición de actas. 

Todas as actividades de avaliación presenciais mencionadas realizaranse de forma virtual se as circunstancias así o esixen
en cada momento.

A avaliación terá en conta non só a pertinencia e a calidade do contido das
respostas, senón tamén a corrección lingüística. 

O alumnado Erasmus deberá acreditar un coñecemento de tipo medio da lingua
de partida e un coñecemento de tipo alto da lingua de chegada.

A copia ou plaxio nos traballos de tradución, nas encargas de tradución, na proba final e/ou no exame terá como consecuencia unha cualificación global negativa.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000