Guia docente 2020_21
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución idioma 2, III: Portugués-Galego
   Plan de Continxencias
 
Descrición
No caso de que se produza unha situación de excepcionalidade, na modalidade de docencia non presencial manteranse as metodoloxías, a atención personalizada, os contidos e os sistemas de avaliación da modalidade de docencia presencial. En tal circunstancia, as sesións lectivas presenciais e as actividades de avaliación presenciais pasarán a desenvolverse virtualmente coas ferramentas proporcionadas pola institución universitaria. No que respecta en particular á modalidade de docencia mixta, tamén se manterán as metodoloxías, a atención personalizada, os contidos e os sistemas de avaliación
Tanto na modalidade de docencia non presencial como na modalidade de docencia mixta, no relativo especificamente á avaliación, nos dous sistemas de avaliación continua non se producirá ningunha modificación na porcentaxe parcial de cada unha das actividades de avaliación na nota global. No sistema de avaliación única, o exame previsto, co valor do 100% da nota global, substituirase por unha encarga de tradución non presencial co valor do 60% da nota global e un exame non presencial co valor do 40% da nota global.
No referente ás sesións de titorías, procurarase para todas as modalidades de docencia que de forma xeral as mesmas teñan lugar con cita previa concertada e por medios telemáticos (correo electrónico e videoconferencia, preferentemente).
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000