Educational guide 2023_24
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución idioma 2, III: Alemán-Español
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Presentación Presentarase como mínimo unha tradución xustificada ante o
resto do grupo ou en titorías coa docente.
30 A1
A2
A3
A4
A5
C1
C3
C4
C15
C17
C18
C21
C22
C27
C30
C32
C33
D1
D2
D4
D7
D9
D10
D14
D18
D22
D23
Resolución de problemas de forma autónoma Farase un encargo de tradución dun texto de aprox. 600 palabras. 35 A1
A2
A3
A4
A5
C1
C3
C4
C12
C14
C15
C17
C18
C21
C22
C24
C25
C26
C27
C30
C32
C33
D1
D2
D4
D7
D8
D9
D10
D14
D17
D18
D22
D23
Exame de preguntas de desenvolvemento Consistirá na tradución dun texto de aprox. 300 palabras e poderá incluír preguntas de xustificación das decisións adoptadas, así como dos contidos do curso. 35 A1
A2
A3
A4
A5
C1
C3
C4
C12
C14
C15
C17
C18
C21
C22
C24
C25
C26
C27
C30
C32
C33
D1
D2
D4
D7
D8
D9
D10
D14
D17
D18
D22
D23
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Observacións xerais:

Corre por conta de cada estudante asegurarse de
que posúe un nivel de idiomas suficiente: as clases de tradución non son clases
de lingua.

Para o alumnado que non queira ou non poida
acollerse á avaliación continua, o exame será de avaliación única.

Dúas ou máis faltas de ortografía (entre as que
se inclúen os acentos gráficos) e/ou dúas ou máis oracións carentes de sentido
consideraranse erros moi graves e poderán ser motivo de suspenso das probas de
avaliación (encomendas, exames).

Penalizarase a copia e o plaxio.

Os envíos (traducións, prácticas, etc.) e as
entregas, sexa en formato papel, por correo electrónico o a través de
plataforma de docencia online, deben identificados nominalmente e sempre da
mesma forma (apelidos, nome): aqueles que non o estean non se aceptarán nin se
terán en conta.

A revisión dos exames realizarase, salvo
impedimento de forza maior, que haberá de acreditarse documentalmente, única e exclusivamente
na data sinalada. Non se atenderán, salvo en casos excepcionais e xustificados,
requirimentos de revisións por medio de correo electrónico ou análogos.

Considérase que a guía docente da materia ten un
carácter orientativo, pois a heteroxenidade dos cursos e, dentro destes, a variedade
en coñecementos, habilidades e destrezas aconsella flexibilidade co fin de
alcanzar da mellor maneira posible os obxectivos. Así pois, en función das
circunstancias, o programa da materia pode sufrir ou experimentar cambios en
calquera momento que se comunicarán oportunamente.

Avaliación continua:

Nas tres primeiras semanas de docencia, cada
estudante deberá comunicar á docente por medio dunha enquisa en Moovi creada
para este efecto se opta polo sistema de avaliación única ou continua. Caso de
non comunicar, entenderase que opta pola avaliación única. A opción pola
avaliación continua implica a renuncia á avaliación única. Se por causa de
forza maior (traballo, enfermidade...) a/o estudante non puidese seguir o
sistema de avaliación continua a pesar de escoller opción, poderá acollerse á
avaliación única. Para superar a materia é obrigatorio aprobar cada unha das tres
probas/metodoloxías.

A/o estudante que non supere a materia en
avaliación continua na primeira convocatoria, acudirá ás convocatorias seguintes
en avaliación única e deberá superar un exame (véxase máis abaixo «Avaliación única») con todos os contidos da materia.

Para unha axeitada avaliación e aproveitamento,
recoméndase unha asistencia asidua e participativa ás aulas.

Avaliación única:

O alumnado que non se acolla á modalidade de
avaliación continua poderá presentarse ao exame oficial da materia nas datas
establecidas pola FFT. O exame de avaliación única constará nun exercicio de
tradución do alemán cara ao español dun texto de aprox. 300 palabras que,
ademais, poderá incluír preguntas de xustificación das decisións adoptadas.

Caso de suspender unha parte, a/o estudante
examinarase na segunda convocatoria e seguintes de novo de todos os contidos.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | Spain | Tlf: +34 986 812 000