Estudo de casos |
Neste apartado, o alumnado analizará situacións de tradución reais e fará propostas de forma autónoma; debateranse en grupo diferentes opcións e solucións. |
Presentación |
Cada alumna e alumno deberá presentar perante o grupo ou nunha titoría personalizada como mínimo unha tradución e xustificar as decisións tomadas. |
Foros de discusión |
A partir da lectura dalgún artigo ou da participación nun evento científico, o alumnado deberá compartir as súas impresións e conclusións razoadas no foro de discusión de Faitic. |
Actividades introdutorias |
Neste apartado, a docente presentará a programación, explicando polo miúdo os contidos, os traballos que hai que realizar e comentará tamén as lecturas obrigatorias do curso, así como o sistema de avaliación. |