Guia docente 2021_22
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución idioma 2, III: Alemán-Español
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Resolución de problemas Neste apartado realizaranse análises de texto, resumos e esquemas, exercicios de tradución con textos adaptados ao nivel do alumnado de Idioma II, así como a resolución de problemas propios dese nivel (dificultades de tradución) ou exercicios aplicados á teoría achegada durante as sesións maxistrais.
Estudo de casos Neste apartado, o alumnado analizará situacións de tradución reais e fará propostas de forma autónoma; debateranse en grupo diferentes opcións e solucións.
Lección maxistral Inclúe a explicación por parte da docente dos contidos teóricos da materia.
Presentación Cada alumna e alumno deberá presentar perante o grupo ou nunha titoría personalizada como mínimo unha tradución e xustificar as decisións tomadas.
Eventos científicos Inclúe a asistencia a eventos de tipo científico que se poidan realizar de forma presencial ou virtual e que estean relacionados cos contidos da materia e, en xeral, da titulación. O alumnado deberá sacar conclusións persoais do evento e compartilas a través dun foro de discusión.
Foros de discusión A partir da lectura dalgún artigo ou da participación nun evento científico, o alumnado deberá compartir as súas impresións e conclusións razoadas no foro de discusión de Faitic.
Resolución de problemas de forma autónoma A alumna ou alumno deberá realizar unha encarga de tradución que irá acompañada dun comentario das principais dificultades e das formas de resolvelas.
Actividades introdutorias Neste apartado, a docente presentará a programación, explicando polo miúdo os contidos, os traballos que hai que realizar e comentará tamén as lecturas obrigatorias do curso, así como o sistema de avaliación.
Aprendizaxe colaborativa Na aula organizaranse dinámicas de traballo en grupo en que se poñan en común e discutan varias
traducións para, a seguir, presentar e defender a ante o resto do alumnado e a docente un único
texto consensuado.
Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000