É responsabilidade do alumnado consultar os materiais e as novidades a través da plataforma Moovi e estar ao tanto das datas de entrega de traballos, probas etc.
O plaxio ou copia parcial ou total dun encargo ou proba suporá a perda do dereito a avaliación continua. Considérase plaxio o uso de programas de tradución automática mesmo cando o texto resultante presente algunhas correccións. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá ao alumnado da súa responsabilidade.
AVALIACIÓN CONTINUA
1- O alumnado deberá informar ao profesorado nas dúas primeiras semanas de clase da súa decisión de acollerse á avaliación continua ou non. Para seguir esta modalidade recoméndase a asistencia continuada a clase e será obrigatoria a entrega de todos os traballos e tarefas.
2- Aquelas persoas que por motivos de traballo ou familiares non poidan asistir ás clases deben comunicárllelo persoalmente ás docentes para que tomen as medidas compensatorias que faciliten a conciliación laboral e familiar.
3- Non realizar algunha das dúas probas ou a encomenda implicará a perda do dereito á avaliación continua e a anulación de todas as cualificacións obtidas anteriormente. Será entón necesario presentarse á convocatoria de avaliación única.
4- É necesario obter a cualificación de 5/10 en nos apartados Resolución de problemas (exames) e Resolución de problemas de forma autónoma (encomenda) para superar a materia.
AVALIACIÓN DE XULLO
O alumnado que se acolla á avaliación continua e obteña unha cualificación de suspenso deberá presentarse á convocatoria
extraordinaria de xullo na data de exame oficial publicada polo decanato coas seguintes condicións:
1_ Terá que recuperar a parte que teña pendente (exame_50% ou encomenda_40%)
2_ ou , en caso de que teña ambas, realizará todas as probas de avaliación única e avaliarase segundo ese sistema
Poderanse usar dicionarios e fontes de documentación electrónicas en todas as probas.
AVALIACIÓN ÚNICA
Consistirá nun exame que constará das seguintes partes:
1_Proba presencial:
- tradución do francés (40%)
- comentario das decisións de tradución (20%)
2_Encomenda: (40%). Só se avaliará esta proba en caso de que se supere a proba presencial.
O alumnado realizará a tradución razoada dun texto.
Na análise inicial indicarase cal é o tipo de texto, cal é a súa estrutura na cultura de orixe e na cultura de chegada, así como as estratexias de tradución que ese xénero esixe (convencións formais, estrutura do texto, enunciación do emisor, enunciación do receptor, etc.).
Nun segundo apartado detallaranse as decisións de tradución e, por último, incluirase unha relación exhaustiva e con formato APA das fontes de documentación consultadas para a súa elaboración.
Poderanse utilizar dicionarios e fontes de documentación telemáticas en todas as probas. |