É responsabilidade do alumnado consultar os materiais e as novidades a través da plataforma Moovi e estar ao tanto das datas de entrega de traballos, probas etc.
O plaxio ou copia parcial ou total dun encargo ou proba suporá un suspenso na materia. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá o alumnado da súa responsabilidade. Poderanse utilizar dicionarios e fontes de documentación en papel e telemáticos en todas as probas. AVALIACIÓN CONTINUA (1.ª CONVOCATORIA) 1. O alumnado deberá informar o profesorado, nas dúas primeiras semanas de clase, da súa decisión de acollerse á avaliación continua ou non. Para seguir esta modalidade recoméndase a asistencia continuada a clase e será obrigatoria a realización e presentación das diferentes actividades e probas. 2. Aquelas persoas que, por motivos de traballo ou familiares, non poidan asistir ás clases deben comunicárllelo ao profesorado para que tome as medidas compensatorias que faciliten a conciliación laboral e familiar. 3. Non realizar algunha das probas ou a presentación implicará a perda do dereito á avaliación continua e a anulación de todas as cualificacións obtidas anteriormente. Será entón necesario presentarse á convocatoria de avaliación única. 4. É necesario obter a cualificación de 5/10 en cada unha das probas, na presentación e na cualificación global para superar a materia. AVALIACIÓN CONTINUA (2.ª CONVOCATORIA) O alumnado que se acolla á avaliación continua e obteña unha cualificación de suspenso na primeira convocatoria poderá presentarse á segunda oportunidade (xuño-xullo) na data de exame oficial publicada polo Decanato coas seguintes condicións: 1. Poderá recuperar a(s) parte(s) que teña pendente(s): preguntas sobre os contidos teóricos, no caso da presentación, e/ou tradución razoada e xustificada, no caso das probas. AVALIACIÓN ÚNICA (1.ª CONVOCATORIA) Consistirá nun exame que constará das seguintes partes: 1. Proba presencial con preguntas sobre os contidos teóricos (20%). 2. Proba presencial de tradución (40%) con comentario das decisións de tradución (20%). 3. Encomenda de tradución: (20%). Só se avaliará esta proba en caso de que se superen (5/10) as dúas probas presenciais.
O alumnado realizará a tradución razoada dun texto.
Na análise inicial indicarase cal é o tipo de texto, cal é a súa estrutura na cultura de orixe e na cultura de chegada, así como as estratexias de tradución que ese xénero esixe (convencións formais, estrutura do texto, enunciación do emisor, enunciación do receptor etc.).
Nun segundo apartado detallaranse as decisións de tradución e, por último, incluirase unha relación exhaustiva e con formato APA das fontes de documentación consultadas para a súa elaboración. AVALIACIÓN ÚNICA (2.ª CONVOCATORIA) O alumnado que se acolla á avaliación única e obteña unha cualificación de suspenso na primeira convocatoria poderá presentarse á segunda oportunidade de xullo na data de exame oficial publicada polo Decanato coas seguintes condicións: 1. Poderá recuperar a(s) parte(s) que teña pendente(s): preguntas sobre os contidos teóricos, proba de tradución con comentario e encomenda en caso de que se superasen (5/10) as dúas probas presenciais.
|