Guia docente 2019_20
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución idioma 2, III: Francés-Galego
   Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias
COMPETENCIA LINGÜÍSTICA: ter un bo dominio de comprensión do idioma II (francés). Dominar a lingua meta (galego) tanto a nivel sintáctico, gramatical, morfolóxico, lexicolóxico, terminolóxico e fraseolóxico. SUBCOMPETENCIAS: coñecer tanto as diferenzas como as similitudes dos dous sistemas lingüísticos CB2
CB3
CB4
CE3
CE4
CE13
CE22
CT4
CT8
CT22
COMPETENCIA COMUNICATIVA E CULTURAL: Comprender textos máis complexos e de diferentes tipos redactados na lingua de partida. SUBCOMPETENCIA: Mellorar o coñecemento da historia e as culturas das dúas linguas adquiridas na materia Trad Idioma 2, II co fin de entender os textos así como coñecer os mundos textuais das dúas culturas coas que se traballa, as distintas convencións sociais, etcétera CB1
CB2
CB3
CB4
CE3
CE4
CE13
CT7
CT8
CT22
COMPETENCIA TEXTUAL: comprender a estrutura e os principios organizadores dun texto. SUBCOMPETENCIAS: Afondar na análise dos textos con criterios científicos e con vistas a recoñecer sen dificultades os diferentes tipos de textos (literarios, publicitarios...) e as súas funcións e características (argumentativos, expositivos, narrativos, ...) CB1
CB2
CB4
CE3
CE13
CT12
CT22
COMPETENCIA TRADUTORA: Perfeccionar as diferentes competencias adquiridas nas materias de Trad. Idioma II, 1 e Trad. Idioma II, 2 precisas para traducir un texto non especializado en lingua francesa. SUBCOMPETENCIAS: Afianzar a identificación dos axentes que interveñen no proceso de tradución (autor, mediador, tradutor, cliente, lector...) e a función comunicativa do texto. Perfeccionar a análise de cada texto, amosando o dominio das características de cada tipo de texto que é preciso traducir. Mellorar o coñecemento das distintas técnicas e estratexias de tradución. Identificar os problemas de tradución, aprender a resolvelos e argumentar as escollas. Mellorar o traballo con textos paralelos. Perfeccionar o manexo das ferramentas básicas de tradución (procesadores de texto, Internet: dicionarios en liña...). Comprender o papel do tradutor como mediador intercultural. Perfeccionar o traballo coas normas de revisión e presentación de traducións. Familiarizarse co mercado laboral. Reforzar as habilidades de traballo en equipo e adquirir un compromiso deontolóxico (será obrigatorio elaborar e expoñer un traballo en grupo). En suma, o alumnado deberá perfeccionar todas as competencias necesarias para desenvolver calquera tradución dun texto non especializado coa responsabilidade esixida a un profesional da tradución. CB1
CB2
CB3
CB4
CE3
CE4
CE22
CT4
CT7
CT8
CT22
Fomentar a curiosidade intelectual e o espírito crítico en relación ao uso das linguas, ben como desenvolver un concepto profisional da actividade tradutiva, conforme o cal o tradutor axe como mediador cultural orientado por principios deontolóxicos e de calidade.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000