Guia docente 2021_22
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución idioma 2, III: Francés-Galego
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Actividades introdutorias Neste apartado de dúas horas, a docente presentará a programación, explicando polo miúdo os contidos e os traballos que hai que realizar e comentará tamén a bibliografía e as lecturas obrigatorias do curso, así como o sistema de avaliación.
Resolución de problemas Neste apartado de 36 horas, o alumnado deberá elaborar traducións de forma autónoma, baixo a supervisión da profesora. Realizaranse ademais exercicios de análises de texto, exercicios de tradución e exercicios de revisión con textos adaptados ao nivel do alumnado de Idioma II,3 e resolveranse problemas relacionados con eses exercicios.
Presentación Durante as seis horas dedicadas a este apartado, o alumnado presentará o seu traballo en francés ou galego na clase.
Traballo tutelado O alumnado elabora traducións na aula baixo directrices e supervisión docente. Estes traballos poden estar vinculados aos traballos discentes fóra de aula.
Seminario Explicación de tarefas e proxectos e resolución de dúbidas do alumnado.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000