Guia docente 2020_21
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución idioma 2, III: Francés-Galego
   Avaliación
  Descrición Cualificación Competencias Avaliadas
Actividades introdutorias O alumnado terá que realizar lecturas para preparar os comentarios que xustifiquen as propostas de tradución e a resolución de problemas.
Estas lecturas avaliaranse nas distintas probas que se describen no seguintes subapartados.
0
Resolución de problemas Neste apartado avaliaranse as traducións previamente preparadas fóra da aula e os exercicios relacionados coa competencia lingüística e tradutora. Poderán ser exercicios que traten dificultades de tradución, análises de tradución, etc. Terase en conta a calidade lingüística dos textos producidos polo alumnado. 10 CB1
CB2
CB3
CB4
CE3
CE4
CE13
CE22
CT4
CT7
CT8
CT22
Presentación O alumnado deberá presentar oralmente e por escrito de maneira individual ou en grupo, un traballo encomendado a principios de curso.

Serán traballos de investigación de campo e/ou lecturas para asimilar os contidos teóricos e desenvolver as competencias tradutivas.
10 CB1
CB3
CB4
CT12
Traballo tutelado Realizarase e entregarase 1 encomenda de tradución comentada .
Ademais do texto traducido (20% da cualificación) incluirase un apartado de fontes documentais consultadas, debidamente citadas, e un comentario da tradución (10%).
30 CB1
CB2
CB3
CE3
CE4
CE22
CT4
CT7
CT8
CT22
Práctica de laboratorio Realizaranse 2 exames que consistirán na tradución razoada e xustificada dun texto do francés ao galego. Terán lugar na metade do curso o primeiro (20%), en data publicada en FAITIC e no Campus Remoto, e o segundo (30%) na data de exame oficial da convocatoria de maio.
Durante a realización das probas pódese consultar documentación en papel e telemática.
50 CB1
CB2
CB3
CB4
CE3
CE4
CE13
CE22
CT4
CT7
CT8
CT22
 
Outros comentarios sobre a Avaliación
É responsabilidade do alumnado consultar os materiais e as novidades a través da plataforma FAITIC e do Campus Remoto e estar ao tanto das datas de entrega de traballos, probas etc.
O plaxio ou copia parcial ou total dun encargo ou proba suporá a perda do dereito a avaliación continua. Considérase plaxio o uso de programas de tradución automática mesmo cando o texto resultante presente algunhas correccións. Alegar descoñecemento do que supón un plaxio non eximirá ao alumnado da súa responsabilidade.

AVALIACIÓN CONTINUA
1- O alumnado deberá informar ao profesorado nas dúas primeiras semanas de clase da súa decisión de acollerse á avaliación continua ou non. Para seguir esta modalidade recoméndase a asistencia continuada a clase e será obrigatoria a entrega de todos os traballos e tarefas.
2- Aquelas persoas que por motivos de traballo ou familiares non poidan asistir ás clases deben comunicárllelo persoalmente ás docentes para que tomen as medidas compensatorias que faciliten a conciliación laboral e familiar.
3- Non realizar algunha das dúas probas ou a encomenda implicará a perda do dereito á avaliación continua e a anulación de todas as cualificacións obtidas anteriormente. Será entón necesario presentarse á convocatoria de avaliación única.
4- É necesario obter a cualificación de 5/10 en cada apartado (traballo de aula, exames e encomenda) para superar a materia.

AVALIACIÓN DE XULLO
O alumnado que se acolla á avaliación continua e obteña unha cualificación de suspenso deberá presentarse á convocatoria
extraordinaria de xullo na data de exame oficial publicada polo Decanato coas seguintes condicións:
1_ Terá que recuperar a parte que teña pendente (exame_50% ou encomenda_40%)
2_ ou , en caso de que teña ambas, realizará todas as probas de avaliación única e avaliarase segundo ese sistema

Poderanse usar dicionarios e fontes de documentación telemáticas en todas as probas.

AVALIACIÓN ÚNICA
Consistirá nun exame que constará das seguintes partes:
1_Proba presencial:
- tradución do francés (40%)
- comentario das decisións de tradución (20%)
2_Encomenda: (40%). Só se avaliará esta proba en caso de que se supere a proba presencial.
O alumnado realizará a tradución razoada dun texto.
Na análise inicial indicarase cal é o tipo de texto, cal é a súa estrutura na cultura de orixe e na cultura de chegada, así como as estratexias de tradución que ese xénero esixe (convencións formais, estrutura do texto, enunciación do emisor, enunciación do receptor, etc.).
Nun segundo apartado detallaranse as decisións de tradución e, por último, incluirase unha relación exhaustiva e con formato APA das fontes de documentación consultadas para a súa elaboración.

Poderanse utilizar dicionarios e fontes de documentación telemáticas en todas as probas.

En caso de emerxencia sanitaria ou restricións da asistencia activarase a modalidade mixta, de xeito que unha parte do estudantado permanecerá na aula ao tempo que a outra parte seguirá a clase a través do Campus Remoto da Universidade de Vigo dun modo síncrono. Esta mesma fórmula síncrona será a escollida en caso de que non sexa posible ningún tipo de presencialidade.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000