Guia docente 2020_21
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución idioma 2, III: Francés-Galego
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece unha planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
En caso de alerta sanitaria ou restrición activarase a modalidade presencial mixta, no que unha parte do estudantado permanecerá na aula ao tempo que a outra parte seguirá a clase dun modo síncrono. En caso de que non sexa posible a presencialidade, activarase a modalidade de docencia a distancia a través do Campus Remoto.
As metodoloxías, a atención personalizada e a avaliación serán as mesmas tanto na modalidade a distancia, na mixta como na presencial, mentres que os grupos e as quendas se adaptarán para cumprir coa normativa sanitaria vixente no período de docencia deste curso.
A docente se reserva a posibilidade de substituír a proba teórica a distancia por un exame oral por Campus Remoto en caso de que non sexa posible acreditar a identidade do alumnado que se se examina.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000