Guia docente 2025_26
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Interpretación de enlace idioma 1: Inglés-Galego
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Seminario Participación no debate e aplicación dos coñecementos teóricos á práctica da interpretación bilateral. 5 A1
A2
A3
A4
C13
C18
C27
C33
D1
D8
D9
D22
Obradoiro Elaboración e entrega dunha gravación dunha interpretación de enlace do tema turístico: rexistro dun/ha turista anglófonx nun hotel na Galiza.
(Trátase da mesma gravación que na sección Autoavaliación: conxuntamente, estes dous elementos - Obradoiro e Autoavaliación - suman un total de 5% da nota final)
2.5 A1
A2
A3
C13
C18
C27
C33
D1
D9
D11
D22
Prácticas de laboratorio Práctica de interpretación de enlace na clase. 30 A1
A2
C1
C2
C3
C4
C12
C13
C17
C18
C20
C21
C22
C25
C27
C30
C33
D1
D4
D6
D7
D8
D9
D11
D13
D17
D22
Práctica de laboratorio Proba de interpretación bilateral cuxa avaliación toma en conta a expresión (pronuncia, fluidez, seguridade, ton da voz, rexistro) a corrección gramatical (tanto do inglés como do galego) e a a fiel transmisión dos contidos.
A proba realizarase na última semana de clase con entrega voluntaria da proba: aquelxs alumnxs que optaren por non entregar a gravación neste momento pasarían a realizar a proba final nas mesmas condicións (superación obrigatoria desta parte cunha nota superior a 5 á cal se sumarán, no seu caso, as notas das partes restantes) que se realizará na data estipulada no horario oficial de exames da FFT.
É condición sine qua non para dar por superada a proba obter un mínimo de aprobado na parte dos contidos.
Importante: Apto necesario na proba final (é imprescindíbel obter un 5 nesta proba para aprobar a materia no seu conxunto).
60 A1
A2
A3
A4
A5
C1
C2
C3
C4
C12
C13
C17
C18
C20
C21
C22
C25
C27
C30
C33
D1
D4
D6
D7
D8
D9
D11
D13
D17
D22
Autoavaliación Entrega dunha autoavaliación da interpretación de enlace realizada e entregada no apartado Obradoiro.
(Elaboración e entrega dunha gravación dunha interpretación de enlace do tema turístico: rexistro dun/ha turista anglófonx nun hotel na Galiza.
(Trátase da mesma gravación que na sección Obradoiro: conxuntamente, estes dous elementos - Obradoiro e Autoavaliación - suman un total de 5% da nota final))
2.5 A1
A2
A4
A5
C3
C13
C20
C21
C27
C33
D1
D4
D6
D7
D8
D9
D11
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Para poder optar á avaliación continua é
imprescindíbel realizar satisfactoriamente todas e cada unha das seguintes
tarefas ou probas: Seminario; Obradoiro; Prácticas de laboratorio (clase);
Práctica de laboratorio (proba final); Autoavaliación.

Dado o deseño e carácter práctico da materia
baseado na aprendizaxe progresiva, recoméndase asistir ás clases.

Cumpre lembrar que é condición sine qua non
superar a práctica de laboratorio (proba final) cunha nota mínima de 5 para
superar a materia no seu conxunto, en cuxo caso se sumarán as notas das partes
restantes a esta nota superior a 5.

No caso de suspender a proba final na
primeira oportunidade, alumnado que cumpra os requisitos para se acoller á
avaliación continua só terá que se volver presentar á proba final na segunda
oportunidade que se devolverá na data oficial estipulada no calendario oficial
da FFT , manténdose as notas das outras partes da primeira oportunidade.

Aquel alumnado que non cumpra cos criterios
para se acoller á avaliación, a nota final total corresponderá a dunha proba
única que constará dunha interpretación de enlace. No caso da avaliación única,
tanto a proba da primeira como da segunda oportunidade desenvolveranse nas
datas estabelecidas no calendario de exames oficial da FFT. 

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000