Guia docente 2025_26
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Interpretación de enlace idioma 1: Inglés-Galego
   Atención personalizada
Metodoloxías Descrición
Obradoiro Cada estudante deberá reflexionar en todo momento sobre a súa evolución e o grao de consecución dos obxectivos de aprendizaxe da materia, expondo calquera dúbida ao respecto á docente, tanto na clase coma nas horas de titorías. Non se descarta a necesidade de máis dedicación da referida na guía docente no caso de se detectaren lagoas básicas de coñecementos exixidos como requisitos mínimos da materia.
Prácticas de laboratorio Avaliación conxunta na clase da interpretacións realizadas na clase. Nas titorías a docente axudará o alumnado a reflexionar sobre as causas e solucións dos problemas detectados.
Probas Descrición
Autoavaliación Cada estudante deberá entregar unha autoavaliación dunha interpretación de enlace para detectar eivas e propor mellorías e solución.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000