Guia docente 2022_23
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Interpretación de enlace idioma 1: Inglés-Galego
   Avaliación
  Descrición Cualificación Competencias Avaliadas
Traballo tutelado Traballos de aula. Teranse en conta só para o estudantado que se acolla á avaliación continua. Valorarase a participación na resolución de problemas derivados da práctica da IE.
A avaliación continua ten asignado como máximo unha porcentaxe do 10% da nota final, e empregarase para obter unha visión de conxunto do traballo realizado polo estudantado ao longo do curso e como mecanismo de corrección de ser o caso. A avaliación continua servirá para sumar puntos, nunca restar.
20 CB1
CB2
CB3
CB4
CB5
CE1
CE2
CE3
CE4
CE12
CE13
CE17
CE18
CE20
CE21
CE22
CE25
CE27
CE30
CE33
CT1
CT4
CT6
CT7
CT8
CT9
CT11
CT13
CT17
CT22
Práctica de laboratorio A proba consistirá nunha IE dunha entrevista ou intercambio de opinións enunciados polo profesor nas linguas da combinación (inglés e galego). Cualificaranse os seguintes elementos:
-técnica: capacidade de escoita, toma de decisións e resolución de problemas.
-contidos: coherencia intra e intertextual
-produción: expresión oral, rexistro, fluidez, prosodia.
- gramática e léxico.
80 CB1
CB2
CB3
CB4
CB5
CE1
CE2
CE3
CE4
CE12
CE13
CE17
CE18
CE20
CE21
CE22
CE25
CE27
CE30
CE33
CT1
CT4
CT6
CT7
CT8
CT9
CT11
CT13
CT17
CT22
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Data do exame final: segundo o publicado no calendario oficial de exames.

É imprescindible obter un mínimo de 5 sobre 10 na proba final para dar por aprobada a materia. Para alumnado que asistir ao 80% das sesións de aula como mínimo terase en conta a modo de avaliación continua o traballo realizado na aula.

Manténse a nota de avaliación continua dunha edición para a seguinte dentro da mesma convocatoria.

Tanto a avaliación única (para aqueles/as alumnos/as que non cumpriren os requisitos estipulados para optaren á avaliación continua) como a segunda convocatoria consistirán nunha proba de interpretación de enlace dunha entrevista ou intercambio de opinións enunciados nas linguas da combinación (inglés e galego). Nos dous casos, para aprobar a materia será necesario obter un mínimo de 5 sobre 10 na proba.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000