Guia docente 2020_21
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución idioma 2, II: Alemán-Español
   Plan de Continxencias
 
Descrición
=== MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS ===
Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET.

=== ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS ===
Mantéñense as metodoloxías, contidos e titorías coa salvedade de que se realizarán coas ferramentas proporcionadas pola Universidade de Vigo (aulas e despachos virtuais, correo electrónico e Faitic).
As titorías atenderanse no despacho virtual asignado á docente.
De ser preciso, facilitaranse bibliografía e recursos adicionais que faciliten a autoaprendizaxe.

=== ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN ===
Mantéñense as formas de avaliación, ben que con lixeiros cambios na tipoloxía e porcentaxe como se expón a seguir:
—Presentación: 10 %. Presentarase unha tradución xustificada ante o resto do grupo. [sen cambios]
—Resolución de problemas de forma autónoma: 40 %. Farase unha encarga de tradución dun texto de aprox. 800 palabras e poderá esixirse un comentario das dificultades da tradución.
—Exame: 50 %. O exame final constará nunha tradución con xustificación de decisións adoptadas.

=== MODALIDADE MIXTA ===
Plan de continxencia sobre a modalidade mixta, na que unha parte do estudantado asistirá ás aulas de forma presencial e outra parte seguirá as clases dun modo síncrono (preferentemente) ou asíncrono: a docente manterá as metodoloxías, a atención personalizada e os sistemas de avaliación como se indica para a modalidade presencial, adaptando os grupos de estudantes e as quendas para cumprir coa normativa sanitaria que se estableza no seu momento.
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000