Guia docente 2016_17
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución idioma 2, II: Francés-Español
   Metodoloxía docente
Metodoloxías   ::  Guia de metodoloxias docentes
  Descrición
Sesión maxistral Exposición por parte da profesora dos contidos da materia obxecto de estudo. Dada a natureza esencialmente práctica da materia este tipo de clases será moi reducido e utilizaranse para:
a) introducir as diferentes unidades
b) sistematizar aspectos abordados, problemas e estratexias tradutoras.
c) establecer as directrices de encargos/proxectos, e exercicios ou actividades a desenvolver polo/a estudante.
Traballos de aula Actividades e exercicios realizados durante as sesións de clase. Son complementarios coas actividades incluídas en Resolución de problemas e exercicios.
Resolución de problemas e/ou exercicios Actividades e exercicios realizados ao longo do curso que non se especificaron noutros apartados anteriores (elaboración doutras traducións en/para as clases, resumen/ exposición de textos de lectura obrigatoria, exercicios/actividades vinculadas con estas lecturas ou outros contidos do curso, revisión traducións, etc).
Poden ser de dous tipos: realización fose da aula e revisión/entrega nas sesións presenciais ou realización na aula e entrega durante o desenvolvemento das sesións presenciais na que se realicen. Complementan os traballos de aula.
Actividades introdutorias Sesión presencial na que:
1) preséntanse os diferentes aspectos da materia en relación con: contidos (contextualizados no módulo e no grao), planificación e metodoloxía docente e sistema de avaliación;
2) resólvense posibles dúbidas en relación con estas cuestións;
3) realízase unha avaliación diagnóstica (con fins informativos, sen repercusión na avaliación final).
Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000