Guia docente 2016_17
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución idioma 2, II: Francés-Español
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e/ou exercicios Actividades e exercicios realizados ao longo do curso que non se especificaron noutros apartados (ex. elaboración doutras traducións en/para as clases, resumen/ exposición de textos de lectura obrigatoria, exercicios/actividades vinculadas con estas lecturas ou outros contidos do curso, revisión traducións, etc).
Poden ser de dous tipos: realización fóra da aula e revisión/entrega nas sesións presenciais ou realización na aula e entrega durante o desenvolvemento das sesións presenciais na que se realicen.
10 A2
A5
C2
C3
C4
C5
C6
C8
C9
C13
C14
C17
C28
D2
D3
D4
D7
D9
D12
D14
D17
Traballos e proxectos Realizaranse de acordo coas indicacións realizadas nas sesións presenciais. Consistirán en:
1.1. Encargo(s) de tradución para entregar (valor total: 20%) tradución(s) do francés ao castelán que se proporá(n) durante o curso. A tradución debe ir acompañada de: análise do TO, comentario de dificultades, bibliografía e fontes de documentación consultadas e outros aspectos que se poidan indicar como, por exemplo, facturas. Nas clases presenciais precisaranse as características máis detalladas do encargo e a(s) data(s) de entrega.
1.2. Proxecto de tradución: (valor total: 30%): encargo de tradución dun ou varios textos máis extensos que os encargos indicados no punto 1. A tradución debe ir acompañada de: análise do TO, comentario de dificultades, bibliografía e fontes de documentación consultadas e outros aspectos que se poidan indicar como, por exemplo, facturas. Nas clases presenciais precisaranse as características máis detalladas deste proxecto e a data de entrega concreta, que será ao redor da última semana de clase.
50 (ver distribución porcentaxe nas diferentes probas) A2
A5
C2
C3
C4
C5
C6
C8
C9
C13
C14
C17
C28
D2
D3
D4
D7
D9
D12
D14
D17
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. Consistirán en 2 exames (valor total 40%. É necesario que a nota do segundo exame sexa igual ou superior a 5. Ver requisitos para a aplicación das porcentaxes o indicado máis abaixo en apartado Outros comentarios).
Realizaranse ao longo do curso. O primeiro terá lugar ao redor da metade do cuadrimestre e o segundo en torno ao final do cuadrimestre (decidirase cos estudantes se se fai nas últimas sesións de clase ou na data do calendario de exames). As datas concretas estableceranse de acordo co indicado a inicios do curso, nas clases presenciais.
Características: a) Duración: 2 horas; b) Tradución dun texto en francés ao castelán; poderase pedir así mesmo unha breve caracterización do TO; c) Extensión: ao redor de 400 palabras; d) Permítese a consulta de documentación en papel (dicionarios e outras obras de consulta (libros de estilo, gramáticas, etc.), que o/a estudante considere oportuno (a documentación levaraa cada estudante); e) Non se permite a consulta de apuntamentos ou outro tipo de notas, nin recursos informáticos ou electrónicos.
40 (nota do exame 2 debe ser igual ou superior a 5) A2
A5
C2
C3
C4
C5
C6
C8
C9
C13
C14
C17
C28
D2
D3
D4
D7
D9
D12
D14
D17
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A)
Cuestións sobre o sistema de avaliación

A avaliación realizarase na lingua de chegada da
combinación da materia.

É
responsabilidade do alumnado consultar os materiais da materia a través da
plataforma FAITIC e de estar ao tanto das datas de entrega de traballos,
probas, etc.

Existen dúas posibilidades de avaliación:
avaliación continua ou avaliación única.

É necesario optar por unha delas. Non é posible acollerse aos dous
sistemas.

A opción pola avaliación continua realízase durante o cuadrimestre e
implica a renuncia á avaliación única realizada ao final do mesmo. Nas
dúas primeiras semanas do curso indicarase á profesora por cal dos dous
sistemas óptase (en caso de non facelo entenderase que polo sistema de avaliación
única).

A continuación explicitanse as características e condicións requiridas para
cada un dos sistemas indicados.

a) Avaliación
continua (condicións e criterios):

É a opción
recomendada, por tratarse dunha materia presencial cun enfoque práctico.

Os/as estudantes que opten por esta opción
deben reunir as seguintes condicións:

1) Asistir de maneira
regular ás clases e participar de forma activa nas mesmas. Pasarase
folla de firmas. Como orientación indícase que, de acordo cos criterios habituais, considérase
asistencia regular a que non supera un 20% de ausencias sen
xustificar.

2) Realizar e
entregar, nos prazos previstos e de acordo cos sistemas que se indiquen,
todos os encargos, proxectos, traballos, actividades, exercicios, etc.
que se propoñan ao longo do curso.

Para poder
optar por este sistema de avaliación é necesario cumprir ambas as condicións (1
e 2), en caso contrario haberá que presentarse á avaliación única.

No entanto,
se algún/algunha estudante quixese optar por este sistema de avaliación, pero
por motivos xustificados non puidese cumprir as condicións indicadas,
deberá indicalo e entregar profesora nas dúas primeiras semanas de clase un
xustificante que especifique esta cuestión. Para poder ser avaliado/a en o sistema
de avaliación continua deberá entregar de maneira individual todos os encargos,
proxectos, traballos, actividades, exercicios etc. que se realicen ao longo do
curso (sexan avaliables ou non) na(s) data(s) que se lle indique(n).

A
avaliación continua da materia realizarase de acordo cos criterios
e porcentaxes que se sinalaron nos parágrafos precedentes. Resumo de probas
avaliables, porcentaxes e requisitos para a aplicación dos mesmos:

- Resolución de problemas e exercicios: 10%

- Traballos e proxectos: encargo(s) 20%;
e proxecto 30%

- Probas prácticas de execución de tarefas reais ou simuladas: exames 40%. É necesario que a nota do segundo exame sexa igual ou superior a 5. Trátase dun requisito para poder aplicar as porcentaxes de avaliación indicados.

** A nota final será o resultado da aplicación das porcentaxes
indicadas sempre que se reúnan as condicións necesarias  e os requisitos indicados para este sitema de avaliación.

Os/as estudantes que non superen a materia neste sistema de avaliación continua poden presentarse ao examen da convocatoria de xullo (data fixada polo Decanato, consultar calendario de exames web da FFT). Indicarase a cada estudante, en función das cualificacións obtidas, se debe realizar tódalas probas previstas neste exame (ver o indicado no apartado seguinte: B.2 características) ou somentes a algunha delas e, en función disto, as porcentaxes a aplicar). Para superar a materia será necesario obter unha nota igual ou superior a 5 en cada unha das probas previstas neste exame as que haxa que presentarse.

b) Avaliación
única (tódalas convocatorias):

Opción
prevista para os/as estudantes que non poidan acollerse ao sistema de avaliación
continua.

B.1) Datas

: existen dúas posibilidades:


*Convocatoria
ao final cuadrimestre (primeira edición de actas):

data
fixada polo Decanato (consultar calendario de exames en web FFT).

IMPORTANTE:
os/as estudantes que opten por este sistema de avaliación única deben indicalo poñéndose en contacto por mail coa profesora coa antelación suficicente (non máis tarde do 20 de novembro).

*Convocatoria
xullo:

data fixada polo Decanato, (consultar calendario de exames en web FFT).

B. 2) Características: a avaliación da materia realizarase por medio das seguintes probas:

1) Proba práctica (40%):

a) Realización na aula; b)Duración: 2
horas; c)Tradución dun texto en francés ao español, poderase pedir así mesmo
unha breve caracterización do TO; d)Extensión: ao redor de 400 palabras; e)Permítese
a consulta de documentación en papel (dicionarios e outras obras de consulta
(libros de estilo, gramáticas, etc.), que o/a estudante considere
oportuno (a documentación levaraa cada estudante);f) Non se permite a
consulta de apuntamentos ou outro tipo de notas, nin recursos informáticos ou
electrónicos.

2) Proba teórica (20%): a) Realización na aula, despois da
proba práctica; b)Duración: 1 hora; c)Preguntas sobre cuestións relacionadas coa tradución do
francés ao castelán que figuren no programa e/ou nas lecturas
obrigatorias.

3) Encargo/ proxecto de tradución (40%): a)Realización fora da aula; b)O día do
exame entregarase un dossier de textos en francés que hai que entregar no
prazo que se indicará nese momento (entre 5 e 7 días en función da
dispoñibilidade de tempo polas datas asignadas para o exame).
- Aspectos que
se deben incluír: a)Análise de cada texto obxecto de tradución; b)Textos
traducidos; c)Comentario das dificultades que se atoparon en cada un
dos textos traducidos, xustificando as solucións adoptadas; d)Factura;
e)Bibliografía e fontes de documentación que se manexaron.

 NOTA: Para aplicar as porcentaxes indicadas a cualificación obtida en cada unha das
diferentes probas debe ser igual ousuperior
a 5. A orde de corrección das probas será: primeiro exame práctico,
en caso de reunir a condición indicada (nota igual ou superior a 5) corrixirase
o exame teórico e en caso de reunir a condición indicada (nota
igual ou superior a 5) corrixirase o encargo.

As características do exame de avaliación
única serán as mesmas para calquera das convocatorias existentes (primeira
edición de actas (final cuadrimestre) e convocatoria de xullo).

B) Estudantes Erasmus:

 Os
sistemas e criterios de avaliación serán os mesmos que para o resto dos
estudantes.

IMPORTANTE: Consultar as indicacións para estudantes erasmus que figuran no apartado «Outros comentarios», ao final desta guía docente.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000