Lección maxistral |
Exposición por parte da docente dos contidos da materia obxecto de estudo. Dada a natureza esencialmente práctica da materia este tipo de clases será moi reducido e utilizaranse para:
a) introducir as diferentes unidades
b) sistematizar aspectos abordados, problemas e estratexias tradutoras.
c) establecer as directrices de encargos/proxectos, e exercicios ou actividades a desenvolver polo/ a estudante.
|
Presentacións/exposicións |
Exposición por parte dos/as estudantes na aula dos textos de lectura obrigatoria (nas clases presenciais entregarase a relación) e/ou outras posibles actividades que se poidan propor.
Pódese levar a cabo de maneira individual ou en grupo.
|