Guia docente 2017_18
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución idioma 1, II: Inglés-Galego
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Lección maxistral
Proba teórico-práctica inicial sobre os contidos impartidos nas sesións maxistrais e manexados nos exercicios.
20 A1
A5
C1
C3
C4
C33
D9
Resolución de problemas
Proba teórico-práctica inicial sobre os contidos impartidos nas sesións maxistrais e manexados nos exercicios.
15 A2
C1
C3
C4
C18
C22
C33
D4
D9
Estudo de casos/análises de situacións Realización de modo autónomo e individual dunha encomenda de tradución, a cal visa reproducir as condicións da práctica profesional. 35 A1
C1
C2
C3
C4
C8
C14
C17
C18
C22
C27
D5
D7
D8
D9
D14
D18
Traballo tutelado
Elaboración en equipo e exposición pública dun traballo consistente na tradución comentada dun texto pragmático.
30 A2
A3
C1
C2
C3
C4
C8
C10
C14
C17
C18
C22
C27
C33
D4
D5
D7
D9
D12
D14
D18
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

A presente disciplina pode cursarse, na primeira convocación anual, en rexime de avaliación continua (en que se valorizará fundamentalmente a adquisición de competencia tradutiva e a participación regular e activa nas aulas) ou de avaliación única (exame oficial). No entanto, na convocación de xullo só é posíbel o rexime de avaliación única (exame oficial).

Na primeira convocación anual, enténdese que un alumno opta polo rexime de avaliación continua (o máis recomendábel nesta disciplina!) cando realiza algunha das actividades da avaliación continua (proba teórico-práctica, encomenda de tradución individual, traballo en equipo). Para superar a avaliación continua, o alumno deberá obter o aprobado na media aritmética ponderada das clasificacións na proba teórico-práctica (35 % da clasificación global), na encomenda de tradución individual (35 %) e no traballo en equipo (30 %); non obstante, no caso de a media aritmética das clasificacións na proba teórico-práctica inicial e na encomenda de tradución individual ser inferior a 4,6 puntos, a clasificación global coincidirá con esa media de dúas clasificacións. Os alumnos que non superaren a avaliación continua mediante as actividades referidas deberán realizar a parte ou partes pertinentes do exame oficial da convocación de xullo (*), con conservación, dentro do mesmo ano lectivo, da clasificación da parte eventualmente aprobada na avaliación continua, ou acollérense aos reximes de avaliación de ulteriores convocatorias. (A proba teórico-práctica inicial será realizada durante a terceira semana lectiva de novembro, a encomenda de tradución individual será lanzada na primeira semana de decembro e o traballo en equipo será exposto e entregado na terceira semana de xaneiro).

O exame oficial da disciplina (convocatorias de decembro [data, hora e lugar establecidos polo Decanato] e xullo [data, hora e lugar establecidos polo Decanato]) consta dunha parte teórica a redactar en galego (50 % da clasificación) e de outra práctica (50 %), a cal consiste na tradución para galego, a realizar no prazo de varios días no cadro dunha encomenda de tradución, dun texto pragmático redactado en inglés.

(*) A proba teórico-práctica e o traballo en equipo da avaliación continua corresponden á parte teórica do exame oficial de xullo; a encomenda de tradución individual, á parte práctica do exame.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000