Guia docente 2021_22
Facultad de Filología y Traducción
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución idioma 2, I: Alemán-Español
   Avaliación
  Descrición Cualificación Competencias Avaliadas
Traballo tutelado Avaliarase a preparación, o contido e o resumo.
O traballo deberá ser exposto na aula antes do 30 de abril.
O alumnado entregará unha sinopse do traballo (data límite: 20 de maio).
A/O alumna/o contará coa tutela da profesora.
É obrigatorio acordar o tema do traballo coa profesora antes do 25 de febreiro.
10 CB1
CB2
CB3
CB4
CE2
CE3
CE4
CE14
CE17
CE22
CT4
CT7
CT8
CT9
CT12
CT14
CT17
Prácticas con apoio das TIC Avaliaranse conxuntamente co apartado "Resolución dos problemas". 0 CB1
CB3
CT3
CT4
CT7
CT8
Presentación cf. "Traballos tutelados"
Avaliarase a preparación, presentación e o contido do traballo tutelado.
A presentación realizarase antes do 15 de abril.
10 CB2
CB3
CB4
CE2
CE3
CT3
CT9
CT14
Resolución de problemas Avaliarase a resolución dos problemas e exercicios realizados dentro e fóra da aula. Cómpre realizar entregas de polo menos 3 exercicios e 4 traducións. As entregas (via moovi) faranse antes da respectiva corrección en clase. 10 CB1
CB2
CB3
CB4
CB5
CE3
CE4
CE14
CT3
CT4
CT7
CT8
Exame de preguntas de desenvolvemento Consistirá na tradución dun texto de aprox. 200-250 palabras que abordará algún dos temas estudados ao longo do semestre. Poderá
incluír un comentario. De ser presencial o
exame constará de 2 partes: nunha priimeira parte a tradución se efectuará con todo tipo de obras de consulta, sen ordenador e acceso a internet; nunha segunda parte tamén se poderá contar con ordenador e as fontes de información dispoñibles en internet. No caso de exames a distancia realizarase o exame con todo tipo de obras de consulta, incluídas as dixitais.
60 CB1
CB2
CB3
CE2
CE3
CE4
CE14
CE17
CE22
CT3
CT4
CT7
Práctica de laboratorio Consistirá nunha proba de tradución dun texto de aprox. 200 palabras que abordará algún dos temas estudados ao longo das sesions 1ª-12ª. De ser presencial esta proba constará de 2 partes: nunha priimeira parte a tradución se efectuará con todo tipo de obras de consulta, sen ordenador e acceso a internet; nunha segunda parte tamén se poderá contar con ordenador e as fontes de información dispoñibles en internet. No caso de realizala a distancia poderase contar con todo tipo de obras de consulta, incluídas as dixitais. 10 CB1
CB2
CB3
CE2
CE3
CE4
CE14
CE17
CE22
CT4
CT8
CT9
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Será lectura obrigatoria para a avaliación continua e a única:

Quesada Tocino, Begoña, Alemania, el país imprescindible, I. Nobel, 2016


É responsabilidade do estudantado consultar os materiais dispoñibles na plataforma moovi (novidades, documentos etc.) e estar ó tanto dos avisos e das datas de realización das diferentes probas.


Avaliación continua:

Para unha axeitada avaliación recoméndase unha asistencia asídua e participativa ás aulas. É obrigatorio cumprir coas esixencias do traballo tutelado. Se algunha persoa non pode cumprir estas condicións, deberá comunicarllo á docente argumentadamente e reconsiderarase a posibilidade de avaliación continua. A opción pola avaliación continua implica a renuncia á avaliación única. A/o alumna/o deberá notificarllo á docente por escrito nas dúas primeiras semanas de clase. Se por causa de forza maior (traballo, enfermidade...) a/o alumna/o non puidese seguir o sistema de avaliación continua a pesar de escoller esta opción, poderá acollerse á avaliación única. A/o alumna/o que non supere a materia e teña que acudir á convocatoria de xullo deberá superar un exame con todos os contidos da materia.

Data da proba "práctica de laboratorio":  sesión 13 da materia.

Data de entrega dos traballos tutelados: 20 de maio.

Data do exame: A data e hora do exame da avaliación continua coincidirá coa data e hora
do exame de avaliación única establecida no calendario de exames que se
aprobará en Xunta de Facultade

Ó longo de toda a avaliación penalizarase a copia e o plaxio.


Avaliación única:

O alumnado que non se acolla á modalidade de avaliación continua poderá presentarse ó exame oficial da materia que terá lugar na data establecida no calendario de exames que se aprobará en Xunta de FFT.

O exame constará dun exercicio de tradución de entre 200 e 250 palabras (80% da nota do exame), así como varias preguntas sobre os contidos transversais ou cuestions de estilística contrastiva (20% da nota do exame). A tradución doexame constará de 2 partes: nunha primeira parte a tradución se efectuará con todo tipo de obras de consulta, sen ordenador e acceso a internet; nunha segunda parte tamén se poderá contar con ordenador e as fontes de informacióndispoñibles en internet.

Penalizarase a copia e o plaxio.


Convocatoria de xullo:

A/o alumna/o que non supere a materia e teña que acudir á convocatoria de xullo deberá superar un exame con todos os
contidos da materia.

O exame constará dun exercicio de tradución de entre 200 e 250 palabras (80% da nota do exame), así como varias preguntas sobre os contidos transversais ou cuestions de estilística contrastiva (20% da nota do exame). A tradución do exame constará de 2 partes: nunha primeira parte a tradución se efectuará con todo tipo de obras de consulta, sen ordenador e acceso a internet; nunha segunda parte tamén se poderá contar con ordenador e as fontes de información dispoñibles en internet.

Penalizarase a copia e o plaxio.

É responsabilidade do estudantado consultar os materiais
dispoñibles na plataforma Moovi (novidades, documentos, avisos etc.) e estar ó tanto dos avisos e das datas de realización das diferentes
probas.

Universidade de Vigo            | Rectorado | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000