Para poder cursar con aproveitamento esta materia é recomendable ter aprobado Idioma II,3 Inglés.
Para cursar as materias de Tradución Idioma 2 (1, 2 e 3) ingles-galego, o alumnado deberá:
- dominar as normas cultas das dúas linguas de traballo e demostrar corrección na expresión oral e escrita
- saber facer lectura comprensiva de textos na LO (sentidos literais e figurados, intencionalidades ocultas, manipulación ideolóxica, ironia, etc. )
- ter coñecementos de ofimática, comunicación electrónica e internet (procesador de textos, correo electrónico, navegadores, dicionarios e enciclopedias electrónicos, correctores ortográficos, etc.)
- saber facer un uso eficiente dos fondos das bibliotecas, para o que se recomenda a asistencia ós cursos de formación que se ofrecen tanto na Biblioteca Xeral como na biblioteca da propia facultade
*NON SE RECOMENDA QUE SE MATRICULEN NA MATERIA OS ALUMNOS DE INTERCAMBIO QUE NON SUPEREN A PROBA DE NIVEL INICIAL
Universidade de Vigo
|
Reitoría |
Campus Universitario |
C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) |
España |
Tlf: +34 986 812 000