Guia docente 2017_18
Facultade de Filoloxía e Tradución
Grao en Tradución e Interpretación
 Materias
  Tradución idioma 2, I: Inglés-Español
   Avaliación
  Descrición Cualificación Resultados de Formación e Aprendizaxe
Resolución de problemas e /ou exercicios de forma autónoma Avaliarase a resolución dos problemas e exercicios desenvoltos de forma autónoma e expostos nas sesións presenciais. 10 C2
C3
C4
C8
C17
D6
D7
D22
Traballos de aula Avaliaranse conxuntamente os exercicios que se desenvolverán na propia aula, as prácticas de laboratorio e as prácticas autónomas a través de TIC. 10 C2
C3
C4
C8
C17
D6
D7
D22
Traballo tutelado Haberá un traballo de entrega obrigatoria para o alumnado que siga a avaliación continua. Consistirá nun encargo de tradución. O texto para traducir e as instrucións da encomenda entregaranse ao alumnado o último día de aulas do cuadrimestre. Disporase dun prazo dunha semana para entregar a tradución. 40 C2
C3
C4
C8
C17
D6
D7
D22
Probas prácticas, de execución de tarefas reais e/ou simuladas. O exame constará dun exercicio de tradución de entre 200 e 250 palabras (60%) e varios exercicios sobre problemas de tradución, estratexias e pregunta (posible) de control de lectura (40%). Como material de apoio para o exame poderase levar ordenador e todo tipo de obras de consulta. O exame terá lugar o último día de aulas. 40 C2
C3
C4
C8
C17
D6
D7
D22
 
Outros comentarios sobre a Avaliación

Avaliación continua:

A avaliación continua é a modalidade de ensino recomendada para a materia e implica a entrega dos exercicios/tarefas indicados ao longo do curso. Se algunha persoa non pode cumprir nalgún momento esta condición, pasará automaticamente a avaliación única.

A opción pola avaliación continua implica a renuncia á avaliación única. 

Para poder ser avaliada/o, é obrigatorio ter aprobada cada unha das avaliacións das distintas metodoloxías.

O alumnado acollido ao sistema de avaliación continua que non supere a materia e teña que acudir á convocatoria de xullo debe superar un exame con todos os contidos da materia.

Ao longo de toda a avaliación penalizarase a copia e o plaxio.

Avaliación única: 

O alumnado que non se acolla á modalidade de ensino presencial (avaliación continua) poderá acollerse á avaliación única. Neste caso, a avaliación realizarase por medio dunha única proba consistente nun exame que terá lugar o último día de aulas (coincidindo co de avaliación contínua) ou nunha data acordada co alumnado e anunciada debidamente en Faitic. De non superar a materia nesta primeira edición de actas, disporase dunha segunda oportunidade en xullo (2ª edición de actas). Neste caso, a proba terá lugar na data fixada pola Facultade.

O exame final incluirá cuestións teóricas e prácticas relativas ao total dos contidos abordados ao longo do semestre. A nota mínima que se require para superar esta proba é un 5 sobre 10. Como material de apoio para o exame poderase levar ordenador e todo tipo de obras de consulta. Os exercicios do exame realizaranse en papel. O exame constará dun exercicio de tradución de entre 200 e 250 palabras (60%) e varios exercicios sobre problemas de tradución, estratexias e pregunta (posible) de control de lectura (40%).

Penalizarase a copia e o plaxio.

Universidade de Vigo            | Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000