A) PRIMEIRA EDICIÓN DAS ACTAS: O alumnado poderá acollerse á avaliación continua (A.1) ou á avaliación única (A.2). O alumnado deberá poñer en coñecemento do docente a cal das opcións se acolle. Aqueles que se acollan á avaliación continua deberán entregar ao longo das dúas primeiras semanas do cuadrimestre unha ficha cuberta e cunha fotografía. A non comunicación, entrega da ficha e/ou non realización das probas previstas para a primeira metade do cuadrimestre suporán automaticamente a avaliación única. Recoméndase a avaliación continua, sendo o sistema máis axeitado para a aprendizaxe da materia. A.1) Avaliación continua Para acollerse á avaliación continua o alumnado debe realizar as tarefas que se lles requiran e entregalas a través da plataforma Faitic nas datas establecidas así como todas as probas de avaliación, e para superar a avaliación será necesario: 1) Aprobar cada unha das catro destrezas comunicativas (reading, listening,speaking and writing) e a destreza lingüística (use of English). Na segunda edición de actas (xullo)o alumnado só terá que presentarse ás destrezas suspensas. 2) Realizar4 traballos escritos (20%), 2 probas de comprensión oral (20%), 2 probas decomprensión escrita (20%), 2 tests de resposta curta (20%) e 2 presentacións orais (20%). As datas de entrega dos traballos e da realización das probas anunciaranse na plataforma Faitic ao incio do cuadrimestre. 3) Os 4 traballos escritos serán entregados ao longo do cuadrimestre. As probas de comprensión oral e escrita serán realizadas xuntas en dous parciais, un dos cales terá lugar aproximadamente na metade do cuadrimestre e outro na data oficial de exame que terá a materia. Os test de resposta curta para a avaliación do Use of English terán lugar tamén a mediados do cuadrimestre e cara ao final do mesmo. En canto ás presentacións orais, a primeira será a mediados do cuadrimestre e a outra no derradeiro día de docencia. Todas as datas serán concretadas ao comezo do cuadrimestre a través da plataforma faitic. A avaliacióncontinua do alumnado require que o alumnado demostre as súas capacidades conregularidade ao longo do cuadrimestre. Por tanto, as probas e traballos de clasenon son recuperables. As probas e os traballos que os alumnos nonentreguen por non asistir a clase contarán como un “0” e as calificacións inferiores a un "3" nas distintas probas, presentacións e traballos tamén contarán como un "0" á hora de calcular as medias. A.2)Avaliación única O alumnadoque non asista ás clases con regularidade nin realice ninguna proba parcialpoderá presentarse á availación única que consistirá nunha única proba global finalque computará o 100% da cualificación final. A probaúnica constará das seguintes partes: - Use of English (20%), writing(20%), speaking (20%), reading (20%), listening(20%) Para superardita proba o alumnado ten que aprobar todas as partes. Conservaranse as partesaprobadas para a segunda edición das actas. A proba realizarase na data oficial de exame asiganda á materia agás a proba de expresión oral para a que o alumnado terá que porse en contacto co docente para acordar unha data. B) SEGUNDA EDICIÓN DAS ACTAS (xullo 2016): O alumnado que suspenda ou non se presente á primeira edición das actas será availado na segunda edición en xullo mediante unha proba única que terá as mesmas características que a proba única da primeira edición das actas: - Use of English (20%), writing (20%), speaking (20%), reading (20%), listening(20%) Para superar esta avaliación o alumnado ten que aprobar cada unha das partes. A data desta proba de xullo será fixada pola facultade e publicada pola súa paxina web. Todas as probas ou tests da materia teñen como modelo as do certificado “CambridgeAdvanced English” e as indicacións fixadas para o nivel C1 no Marco Europeo de Referencia para o Ensino das Linguas. Durante a realización dos exames non se permite a utilización de dicionarios, ordenador,conexión a internet ou outros medios electrónicos. O plaxio total ou parcial nos traballos entregados ou nas presentacións orais suporá o suspenso automático na materia. |